PLENO

Sete figuras destacadas e vinculadas a Compostela serán recoñecidas polo Concello de Santiago

29/02/2024

O Pleno municipal aprobou esta mañá por unanimidade o outorgamento das Medallas de ouro da cidade a Tareixa Navaza González e a Luís Pasín Liñares; o nomeamento como Fillos predilectos de Santiago a Aurora (Aurichu) Pereira Carballo a título póstumo e de Ezequiel Méndez Vidal; e como Fillos adoptivos a José Porto Buceta e a título póstumo a Manuel Quintáns Suárez. Ademais, o Concello porá o nome de Luis Rial Suárez a unha rúa da cidade e instalará unha placa no seu...

PLENO

O Pleno dá luz verde ao Estudo de detalle da USC para a construción das facultades de Ciencias da Saúde

29/02/2024

O Pleno municipal aprobou de xeito definitivo o Estudo de detalle da zona de edificación universitaria ZEU-25 presentado pola USC para o desenvolvemento dun espazo dedicado a acoller as titulacións de Ciencias da Saúde. Este Estudo permite ordenar os volumes edificables establecidos no Plan Especial de Ordenación do Campus Universitario de Santiago (PE-8) que afectan a este ámbito situado na beira norte da avenida Mestre Mateo e axustalos así ao proxecto arquitectónico escollido no concurso aberto convocado pola USC. A Corporación...

CAPITAL CULTURAL

Abraham Cupeiro presenta ‘Mythos’ no Auditorio de Galicia

29/02/2024

Os sons mitolóxicos recuperados polo multiinstrumentista e investigador sarriao, nesta ocasión arroupados pola Orquestra Gaos, volverán encher a Sala Ángel Brage do Auditorio este sábado a partir das 20.30 horas. As entradas para o concerto poden ser adquiridas en Ataquilla.com

EMPREGO

Asinado o V Pacto Local polo Emprego de Santiago

28/02/2024

O Concello de Santiago asinou hoxe o V Pacto Local polo Emprego con representantes da Universidade, a Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras. A firma correu a cargo de Xan Duro, concelleiro de Promoción Económica en funcións por mor da situación de baixa médica da responsable do departamento, María Rozas. O edil salientou que "o documento aprobado hoxe é unha folla de ruta para...

CAPITAL CULTURAL

A acrobacia volve á escena compostelá con ‘DESproVISTO’

28/02/2024

O terceiro espectáculo da compañía circense UpArte recala no Teatro Principal o sábado 2 de marzo ás 20.30 horas. A obra engade elementos da danza contemporánea aos números acrobáticos de alto nivel que distinguen a traxectoria desta compañía nun traballo para todos os públicos.

PLENO

O Concello de Santiago distinguirá sete persoeiros vinculados coa cidade

28/02/2024

Entre os recoñecementos que aprobará o Pleno municipal de febreiro que terá lugar mañá, 29 de febreiro, están o outorgamento das Medallas de ouro da cidade a Tareixa Navaza González e a Luís Pasín Liñares; o nomeamento como Fillos predilectos de Santiago a Aurora (Aurichu) Pereira Carballo a título póstumo e de Ezequiel Méndez Vidal; e como Fillos adoptivos a José Porto Buceta e a título póstumo a Manuel Quintáns Suárez. Ademais, o Concello porá o nome de Luis...

EDUCACIÓN

A Feira de Minerais de Santiago chega á súa décima edición como a máis grande da Península Ibérica

27/02/2024

A décima edición da Feira de Minerais de Santiago, que conta co apoio do Concello de Santiago, desenvolverase desde este xoves 29 de febreiro e ata o domingo 3 de marzo no centro comercial Área Central e contará cunha trintena de postos con minerais, fósiles e pezas de xoiaría e un amplo programa de actividades como a charla do xornalista Xavier Aldekoa que falará sobre o saqueo do cobalto en África. Na rolda de prensa de presentación desta mañá, estiveron a concelleira de Educación, Míriam Louzao,...

LINGUA

Aberto o prazo para inscribirse na quenda de primavera de dous obradoiros de acollemento lingüístico

27/02/2024

O próximo 18 de marzo comeza unha nova quenda dos obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago. Esta actividade de formación presencial en lingua e cultura galegas está dirixida á veciñanza procedente doutras comunidades lingüísticas e vaise desenvolver nas dependencias do Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12) todos os luns e mércores ata o 17 de xuño. O prazo para inscribirse está aberto ata o 13 de marzo.

Compartir: