FESTAS
Mañá abre o prazo para inscribirse no desfile-concurso do Entroido
O Concello premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela que participen no desfile de Entroido do vindeiro 13 de febreiro. O prazo de inscrición ao concurso estará aberto desde mañá ata o luns 5 de febreiro.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Santiago incrementa a separación de residuos orgánicos co depósito dunha tonelada diaria no colector marrón e a de envases crece un 12% en 2023
O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, destacou o incremento de recollida selectiva de envases lixeiros en 2023, cunha recollida media diaria de 6.448 kg que supón unha diferenza do 12% con respecto ao ano anterior, e tamén do depósito de materia orgánica ao alcanzar unha tonelada diaria no colector marrón.
CIDADES PATRIMONIO
O concelleiro Iago Lestegás participa no Congreso sobre ‘Accesibilidade nas Cidades Patrimonio da Humanidade’ en Tarragona
Tarragona acolle ao longo das xornadas de hoxe e mañá unha serie de sesións para abordar a accesibilidade nas Cidades Patrimonio. A inauguración do Congreso, que tivo lugar esta mañá, contou coa presenza de Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica representando ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, do que o Concello de Santiago forma parte.
EDUCACIÓN
Do 31 de xaneiro ao 9 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación de VacaLudos Semana Santa do Espazo María Miramontes
A partir de mañá e ata o 9 de febreiro (ambos os dous inclusive) estará aberto o prazo de solicitude de praza para participar nas actividades do programa de conciliación VacaLudos de Semana Santa, que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) os días 25, 26 27 de marzo e 1 de abril de 2024.
ALCALDÍA
O Concello estudará a nova proposta da Xunta, que solicita unha achega municipal de 3,5 millóns no aparcadoiro da parcela do CHUS a cambio dun plan de saneamento no rural
Goretti Sanmartín, acompañada dos concelleiros Xan Duro, Iago Lestegás e Pilar Lueiro, mantivo esta mañá un encontro co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que os representantes da Xunta lle transmitiron ao goberno municipal unha nova proposta como resposta á remitida polo Concello a pasada semana.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello avanza na conservación dun mural pintado por Urbano Lugrís
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá a aprobación inicial da modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) co obxectivo de garantir a protección do mural pintado polo artista galego Urbano Lugrís no edificio situado na rúa do Franco, 56. Tamén se acordou a adxudicación do servizo de dinamización do Espazo Apego por máis de 215.000 euros.
PLENO
Retransmisión do pleno ordinario do 29 de xaneiro
10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
TURISMO
A dúas veces campioa de España de latte Karen Quiroga imparte un Curso de Barista en Hostalería Compostela
A actividade, organizada por Café Dromedario, enmárcase no programa de dinamización de Santiago(é)Tapas.
CONSORCIO
Máis de 50.000 persoas visitaron as exposicións organizadas polo Consorcio de Santiago no 2023
Literatura, motor, fotografía e arquitectura atraeron un total de 50.746 visitantes á Casa do Cabido compostelá, que acolleu cinco exposicións ao longo do 2023, obtendo os mellores datos de asistencia desde que foi restaurada polo Consorcio de Santiago no 2011.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os Centros Socioculturais animan o Entroido de Compostela coas súas comparsas, desfiles e obradoiros temáticos
A Rede de Centros Socioculturais volverá ser protagonista do Entroido de Compostela, cunha intensa oferta de actividades que se desenvolverán nas próximas semanas. O concelleiro Xan Duro presentounas hoxe, acompañado por Lourdes de la Cruz e Yovana Quintana, traballadoras da rede que coordinan o programa.