O Concello de Santiago recolle alimentos e outro material de primeira necesidade para as persoas afectadas pola DANA
01/11/2024
O Concello de Santiago, atendendo á solicitude realizada a través da Federación Española de Municipios e Provincias e en coordinación coa propia FEMP e a Federación Valenciana de Municipios y Provincias, iniciará esta tarde a recollida de produtos de primeira necesidade para o seu envío ás localidades afectadas pola DANA.