PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, da que forma parte Santiago, celebra a súa Asamblea Xeral en Tenerife
A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, vén de celebrar a súa Asamblea Xeral en Santa Cruz de Tenerife. Na xuntanza aprobouse o plan de xestión e o orzamento da entidade para o novo exercicio.
EMPREGO
Talentia Summit volve apostando pola formación: máis de 3.000 prazas gratuítas en cursos e certificacións oficiais
O maior evento de emprego de Galicia, Talentia Summit, celebrará a súa edición de 2024 do 12 ao 15 de novembro, cun programa cheo de novidades e facendo unha clara aposta pola formación. A feira, organizada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, ten como obxectivo proporcionar ferramentas, contactos e formación para que as persoas participantes poidan desenvolver todo o seu potencial profesional.
ALCALDÍA
A alcaldesa de Santiago formará parte do Padroado da Fundación Panteón de Galegos Ilustres
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín mantivo esta mañá un encontro co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e co arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, para abordar a posta en marcha do Padroado da Fundación Panteón de Galegos Ilustres.
ALCALDÍA
A corporación municipal suspende o pleno e súmase ao loito polas víctimas da DANA
A corporación municipal de Santiago de Compostela suspendeu o pleno previsto para este xoves, 31 de outubro, e súmase ao loito oficial de tres días polas víctimas da DANA que afectou ás comunidades de Valencia, Andalucía e Castilla-A Mancha.
LINGUA
O Samaín chega ao Espazo Apego
No Espazo Apego haberá espectáculos, contos, cociña, experimentos, visita de Dornavela Edicións...Vivimos o Samaín con gargalladas terroríficas! A proposta de actividades do mes de novembro no Espazo Apego ten xa os formularios de inscrición abertos.
SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS
O Concello pon a punto o cemiterio de Boisaca para a celebración de Todos os Santos e Defuntos
O Concello de Santiago realizou unha serie de melloras no cemiterio municipal de Boisaca en previsión do incremento do número de visitantes coincidindo coas festividades de Todos os Santos e Defuntos, os vindeiros 1 e 2 de novembro. Entre outras accións, levouse a cabo a substitución integral de 91 puntos de alumeamento co obxectivo de incrementar o nivel lumínico do espazo, a seguridade eléctrica das pezas e reducir o consumo enerxético e as emisións do C02. Tamén se realizaron unha serie de labores de pintado, limpeza especial,...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Revitalizando a tradición: a Xornada da Maker Faire Galicia para conectar cos oficios e as novas xeracións
A X edición da Maker Faire Galicia celebra este ano a súa primeira Xornada de Oficios, un evento deseñado para poñer en valor os oficios tradicionais e conectalos coas novas xeracións. Nos últimos tempos, as conversas sobre estes oficios estiveron marcadas por dous grandes desafíos: a escaseza de profesionais cualificados e a falta de relevo xeracional. Este evento, que terá lugar o 8 de novembro na Casa das Máquinas de Galeras, está dirixido a profesionais, estudantes e público xeral interesado en descubrir as...
CAPITAL CULTURAL
Afondar na arte do debuxo coas Xornadas de Ilustración Urbana
Do 7 ao 10 de novembro, o 7º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada reúne en Santiago debuxantes e artistas da ilustración nun intenso programa de obradoiros e clases maxistrais. Nese contexto, as Xornadas de Ilustración Urbana arrancan o venres 8 dúas tardes consecutivas de faladoiros con profesionais do eido para achegar á cidadanía e aos visitantes o seu proceso creativo
EDUCACIÓN
Programa municipal de conciliación de Nadal 2024
O programa municipal de conciliación de Nadal 2024 desenvolverase entre o día 23 de decembro e o 7 de xaneiro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
María Rozas fai balance do funcionamento do SAF no Consello Municipal de Persoas Maiores: "Conseguimos acabar coas listas de agarda"
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu esta tarde a reunión do Consello Municipal de Persoas Maiores. Na xuntanza, a tenenta de alcaldesa deu conta do funcionamento dos diferentes servizos municipais do que é usuario o colectivo, especialmente o Servizo de Axuda no Fogar.