ALCALDÍA
O título, "Mover os marcos", reflicte a súa esencia: un encontro no que a xente nova debaterá sobre temas cruciais como as relacións sociais, a saúde mental, o medioambiente, o deporte, o rural, a literatura ou a tecnoloxía. O evento propiciará espazos de conversa, con aforos reducidos que faciliten a participación do público, da man de nomes como Laura Veiga, Paula Vilaboy, todomal.gal, Aranxa Vicens, Leti da taberna, Pradorua, Agareso, Priscila Retamozo, Iván Iglesias, Nuria Vil, Marisol Arias, Tania Sánchez, Bruno Arias, Galiza no Pixel, Olaxonmario, Afra Torrado, Lixo Atelier, A Casa das formigas, A Talangreira do Beque, Exército Mekemeke e 'Xeración Alfa' ou Sergio Marey.
Como preludio a este encontro, o vindeiro 3 de outubro, a Sala Capitol de Santiago acollerá unha xornada previa coas actuacións de Alana e Momboi. As entradas para ambos eventos serán de balde e están dispoñibles a través da plataforma Eventbrite.
A alcaldesa de Santiago mostrou o seu agradecemento por celebrar o encontro na cidade, "que é un centro de efervescencia de ideas e transformación", destacou. "Este proxecto", engadiu, "é o resultado dunha traxectoria da área de cultura da Deputación, que leva intentando mover os marcos e dando voz ás persoas creadoras durante anos. Iso é o que temos que facer desde as institución, e favorecer a participación da xente nova e escoitar as súas propostas". Ademais, Goretti Sanmartín destacou a "importancia" de "escoitar á xente nova, que se fai preguntas esenciais, e que está facendo magníficas propostas en todos os ámbitos, cun gran impacto, para transformar a sociedade e avanzar". E, recalcou que "somos unha gran potencia de creatividade e ás veces fáltanos coñecernos. Iniciativas como esta que xuntan distintas disciplinas nun mesmo espazo son fantásticas".
"Esta xornada é un encontro ao redor dunha idea que temos clara na Deputación da Coruña: hai unha nova xeración que xa está a protagonizar un cambio de fondo, profundo, no xeito de vivir e de sentir Galicia, que quere pensar, ademais, noutras formas de vida máis humanas e sostibles. E para iso hai que mover moitos marcos. Sobre todo os marcos mentais que ás veces nos condicionan ou impiden avanzar. Esta nova xeración, este encontro que imos celebrar, está xa a mover todos eses marcos e a poñer en marcha un novo país" destacou Natividade González.
A deputada invitou, ademais, a toda a xente xove a participar neste evento "que mostrará con forza esta realidade que hoxe vivimos, porque por debaixo dunha Galicia oficial que parece estática e na que nada se move, en realidade hai un fervedoiro de talento, de enerxía, de activismo, de novas maneiras de facer e de estar na vida".
Pola súa parte, a xestora cultural e unha das integrantes do programa, Sara Fraga, referiuse á música e o baile tradicional como "un espazo de respecto e horizontalidade", que se traslada á esencia de Mover os Marcos. "Normalmente, a xente nova é a que escoita pero, nesta ocasión, temos o micro e a voz para trasladar as nosas ideas", afirmou. "Buscamos un diálogo no que somos protagonistas para lograr mover os marcos mentais e comprender realidades alleas e así alcanzar unha sociedade máis empática".
Santiago acolle a xornada "Mover os Marcos", un espazo de conversa dirixida á mocidade
19/09/2024 O 5 de outubro o Centro Xove de Creación Cultural de Santiago acollerá unha trintena de espazos de conversa xunto a nomes como Mondra, Nuria Vil, Alba Mancebo, TodoMal.gal, Leti da taberna, Pradorua ou Olaxonmario. O 3 de outubro haberá un preludio musical na Sala Capitol con concertos de Alana e Momboi. As entradas para ambos eventos están dispoñibles de balde na plataforma Eventbrite.com
O vindeiro 5 de outubro, o Centro Xove de Creación Cultural de Santiago de Compostela acollerá a xornada "Mover os Marcos" pola Área de Cultura da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago e xestionada por Culturactiva S. Coop. Así o anunciaron esta mañá a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a deputada de cultura, Natividade González, nun acto no que tamén estiveron representantes de Culturactiva e algúns dos participantes no programa.O título, "Mover os marcos", reflicte a súa esencia: un encontro no que a xente nova debaterá sobre temas cruciais como as relacións sociais, a saúde mental, o medioambiente, o deporte, o rural, a literatura ou a tecnoloxía. O evento propiciará espazos de conversa, con aforos reducidos que faciliten a participación do público, da man de nomes como Laura Veiga, Paula Vilaboy, todomal.gal, Aranxa Vicens, Leti da taberna, Pradorua, Agareso, Priscila Retamozo, Iván Iglesias, Nuria Vil, Marisol Arias, Tania Sánchez, Bruno Arias, Galiza no Pixel, Olaxonmario, Afra Torrado, Lixo Atelier, A Casa das formigas, A Talangreira do Beque, Exército Mekemeke e 'Xeración Alfa' ou Sergio Marey.