EDUCACIÓN
A concelleira de Educación destacou o gran labor dos e das premiadas na introdución da perspectiva de xénero nos ámbitos da docencia e da investigación asegurando a súa importancia para a creación dunha sociedade máis equitativa. Así, Louzao salientou o papel do ámbito académico como vehículo para fomentar o pensamento crítico e o respecto por todas as identidades, orientacións sexuais e xéneros. "A historia é unha narrativa en constante evolución que debe incluír todas as voces", afirmou a concelleira.
As persoas premiadas foron, nos primeiros premios, Lorena Añón Loureiro e Jorge García Marín con Cartografía socio-pedagóxica e corporalidade desde o feminismo no ámbito da docencia, e Natalia Pérez Rivas con A circunstancia agravante de aleivosía doméstica: a súa aplicación xurisprudencial ás mulleres vítimas mortais de violencia de xénero no ámbito da investigación; nos segundos premios, Patricia Alonso Ruido con A educación ten faciana de muller no eido da docencia, e Damián Copena Rodríguez con Consuelo González Ramos e a formación agraria feminina no primeiro terzo so século XX no eido da investigación; nos terceiros premios, Enrique Latorre Ruiz con Memorias feministas e LGTBIQ+ en movement no campo da docencia; e María Encina Calvo Iglesias con Accións para a igualdade de xénero no ámbito CTEM no campo da investigación.
Míriam Louzao asiste á entrega da XV Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación
19/09/2024 A concelleira de Educación destaca a importancia da introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación como sinónimo da construción dunha sociedade máis equitativa.
Míriam Louzao asistiu hoxe á entrega da XV Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación organizada pola Universidade de Santiago de Compostela no Colexio de Fonseca.A concelleira de Educación destacou o gran labor dos e das premiadas na introdución da perspectiva de xénero nos ámbitos da docencia e da investigación asegurando a súa importancia para a creación dunha sociedade máis equitativa. Así, Louzao salientou o papel do ámbito académico como vehículo para fomentar o pensamento crítico e o respecto por todas as identidades, orientacións sexuais e xéneros. "A historia é unha narrativa en constante evolución que debe incluír todas as voces", afirmou a concelleira.