PROMOCIÓN ECONÓMICA
Imaxe de marca
Aliñada cos obxectivos do programa Compostela Móvese e coa Axenda Urbana 2030, a campaña xira ao redor do lema "Feito en Santiago", coas variantes "Faino en Santiago", "Faise en Santiago" e "Fanse en Santiago". A imaxe de marca, de corte moderno e limpo, destaca o nome de "Santiago" subliñándoo de diferentes cores, cada unha delas relacionada cunha área de impacto: o amarelo, para os proxectos que empurran a economía local; o vermello, para os que dignifican a vida cidadá; o azul, para os que contribúen á cohesión social; o morado, para a promoción da educación, patrimonio e arte; o laranxa, para aquelas iniciativas sobre mobilidade e territorio, e o verde, centrado nos emprendementos que apostan pola sustentabilidade e transición verde.
A campaña de comunicación realizarase entre os meses de agosto e novembro, e nela promocionaranse ata 30 iniciativas empresariais e institucionais vencelladas ao ámbito do desenvolvemento económico que operen en Santiago de Compostela. Procúrase así a promoción dos sectores estratéxicos para a economía local, coma a biotecnoloxía e as ciencias da saúde; a transformación da madeira; a economía social vinculada ao terceiro sector; as industrias relacionadas co turismo; as industrias culturais e creativas; a economía circular; a economía de proximidade, e a silver economy.
Exemplos de Boas Prácticas
Os proxectos participantes nesta campaña considéranse exemplos de boas prácticas en distintas iniciativas xa executadas pola Oficina de Promoción Económica, coma as empresas galardonadas nas dúas edicións dos Premios á Excelencia Empresarial da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, ou compañías identificadas polo seu bo facer na execución de programas de formación para o emprendemento, competencias dixitais, conciliación, economía social e fomento da innovación, como as actividades da EDUSI, que foron executadas no ano 2023.
"Feito en Santiago" executarase empregando as redes sociais do CERSIA (@cersiaempresa) e da Axenda Urbana 2030 de Santiago (@axendaurbana2030santiago), coa fin de visibilizar e construír a Compostela do futuro, emprendedora e innovadora. Durante o desenvolvemento da devandita campaña de comunicación, achegaránselles ao público as diferentes propostas que están a dinamizar a economía local do Concello, cada unha dende o seu eido, demostrando que a nosa cidade é tamén un lugar para crear, deseñar, enxeñar, idear, imaxinar, investigar, proxectar e soñar.
Este proxecto da Área de Promoción Económica municipal forma parte das iniciativas que na actualidade se están a executar para a actualización, execución, divulgación e impulso da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, na súa Dimensión 1, que se corresponde coa Diversificación Económica, na liña "Santiago cidade emprendedora". Defínese pola procura da "produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización e diversificación da actividade económica da cidade, apostando pola innovación, a tecnoloxía, a cultura e a economía circular.
O Concello pon en valor as iniciativas empresariais locais coa campaña "Feito en Santiago"
06/08/2024 A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a campaña "Feito en Santiago", unha acción que ten como obxectivo "poñer en valor as iniciativas empresariais locais que contribúen ao desenvolvemento económico do noso municipio". A iniciativa enmárcase no programa "Compostela Móvese" de apoio á cultura emprendedora, e vaise desenvolver ata o mes de novembro.
María Rozas explicou que "co obxectivo de poñer en valor empresas e pequenos negocios que contribúen a construír cidade", a concellaría de Promoción Económica pón en marcha unha campaña de comunicación que leva por lema "Feito en Santiago". Trátase de crear "unha imaxe de marca que anime ao emprendemento e asentamento de novos proxectos en Santiago, e que dea a coñecer entre a veciñanza os valores engadios destas inciativas empresariais".Imaxe de marca