FESTAS

As festas do Apóstolo 2022 arrancan o xoves 21 de xullo co pregón a cargo do actor Tamar Novas

07/07/2022 O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou esta mañá o programa das Festas do Apóstolo, que arrancan o vindeiro xoves 21 de xullo cun pregón a cargo do actor compostelán Tamar Novas. Calexico, the New York Ska-Jazz Ensemble, Rocío Márquez e Bronquio, Calexico, Herdeiros da Crus, Jenny and the Mexicats, son algúns dos artistas que encherán de boa música as prazas da cidade. Cine ao aire libre, música tradicional, circo, cabezudos…e por suposto os tradicionais espectáculos pirotécnicos completarán o programa dunhas Festas que volven con forza tras dous anos descafeinados.

Do 21 ao 31 de xullo Santiago acollerá unhas Festas do Apóstolo que "recuperan por fin unha programación completa e de gran variedade tras os dous anos de restricións por mor da pandemia", que van comezar da mellor maneira posible, co pregón a cargo do actor Tamar Novas, do que o concelleiro destacou a súa " carreira ampla e intensa na que veu combinando traballos no cinema, televisión e tamén no teatro, que o levaron a convertirse nun dos actores de referencia do panorama nacional" así como un "picheleiro de nacemento e de corazón", que o fai merecente de subir o balcón do Pazo de Raxoi o próximo xoves 21 de xullo para poder abrir as festas.

Despois do pregón "teremos por diante dez días de concertos, cine ao aire libre, circo, danza, espectáculos para os máis pequenos e os xa clásicos cabezudos, Xornadas de folclore, torneo da chave, o día do Traxe Galego, etc.", anunciou Muíños, que lembrou que anunciou a presenza de artistas da categoría de New York Ska-Jazz Ensemble, Rocío Márquez e Bronquio, Caléxico, Herdeiros da Crus, Jenny and the Mexicats, Garufa Big Band, La Chiva Cantiva, entre moitos outros" nos escenarios habituais da Quintana e o Obradoiro sumamos o parque de Galeras, a praza de Mazarelos. Tamén recordou que o parque de Galeras recibirá un ciclo de nove concertos "para todas as idades e gustos" por onde pasarán artistas como Rufus T. Firefly, Yoly Saa, Grande Amore ou Bala e outros que xa presentamos a semana pasada.

O concelleiro Gonzalo Muíños recordou que "como todos os anos, a música máis tradicional tamén terá un enorme protagonismo nestas Festas" con citas musicais variadas e coa celebración do TRAD FEST. Ademáis, a programación tamén recolle iniciativas para todo os gustos: o XLVI Concurso de Pesca Deportiva co gallo da Festa do ESCALO, o Dron Festival GP Series 2022, a XXXIII concentración de antigos ou o concurso de traxes de época. Ademais, entre o martes 26 e o domingo 31, o parque Eugenio Granell, acollerá una sesión dobre diaria de cine ao aire libre.

"Por suposto, desfrutaremos dos fogos do apóstolo o día 24 e tamén o día 31, que presentaremos noutra rolda de prensa con máis detalle", engadiu o concelleiro. Tamén aclarou que as entradas a todas as actividades programadas serán de balde e que "grandes e pequenos poderán gozar das atraccións na Alameda desde o sábado 16 ata o domingo 31 de xullo na Alameda".

O programa completo está dispoñible na web do Concello.

Documentos relacionados



Compartir: