XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da actuación do grupo Calexico nas Festas do Apóstolo

06/07/2022 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a licitación da actuación musical de Calexico o día 23 de xullo durante as festas do Apóstolo 2022 e autorizar o gasto total por importe de 42.350 euros. A escolla deste grupo faise procurando a presenza dun grupo internacional con prestixio, unha ampla repercusión musical e un importante número de seguidores en Galicia.

Tamén se deu luz verde ao procedemento de adxudicación da contratación, baseada nun acordo marco, das pólizas de seguro de accidentes dos empregados municipais do Concello de Santiago, que se formalizará a través da Central de Contratación FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias. Contará cun orzamento de 20.000 euros divididos en dúas anualidades: 2022 e 2023.

A maiores acordouse adxudicarlle o contrato de préstamo, con previa apertura de credito, por importe de 10.939.000 euros á entidade ABANCA, dacordo co prego de prescricións aprobado e coa oferta económica presentada. Nesta oferta non se contemplan xuros de mora, e o Euribor trimestral establécese en + 0,49%.

Compartir: