MEDIO RURAL

Aprobado o proxecto de pavimentación de viarios secundarios en varias parroquias do rural compostelán

21/10/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o proxecto da obra "Pavimentación de viarios secundarios en Verdía, Marantes, A Gracia, Marrozos, Sabugueira, Villestro, A Curuxeira e Aríns", que conta cun orzamento de 117.992,47 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de catro meses.

Respecto a este proxecto de obra, o goberno municipal acordou non dividilo en lotes e incluilo no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan único de concellos). O acordo vaise comunicar á Deputación Provincial da Coruña para os efectos de continuar coa tramitación da solicitude presentada ao abeiro do POS+ Adicional 2/2021.

Documentos relacionados



Compartir: