FESTAS

Nova data do concerto do 40 aniversario de Bad Religion en Santiago de Compostela en 2022

09/04/2021 Debido á actual situación orixinada pola COVID-19, todos os concertos da xira de Bad Religion serán aprazados a 2022, incluído o concerto que ía ter lugar en Santiago de Compostela, o único do noroeste peninsular, e que se celebrará o vindeiro 22 de maio de 2022 no Multiusos Fontes do Sar.

Todas as entradas adquiridas para a xira de 2021 serán válidas para a nova data axendada para o vindeiro 2022, polo que, na medida do posible, recoméndase que se conserve a mesma evitando a devolución.

Todas as persoas que opten pola devolución das entradas adquiridas poden dirixirse ata o 30 de abril de 2021 ao seu punto de venta físico ou ao enderezo electrónico info@ayudaeventos.com solicitando a devolución do importe das mesmas

Direccións relacionadas



Compartir: