EDUCACIÓN

Procedemento de admisión para o curso 2020-2021 nas escolas infantís municipais das Fontiñas, Conxo e Meixonfrío-Salgueiriños

27/02/2020 A Xunta de Goberno Local do 11 de maio aprobou o novo calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. Os impresos e a documentación deben presentarse entre o 13 e o 22 de maio.

As solicitudes poden descargarse nesta web municipal. Ademais, poden solicitarse por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís, ou recollerse na Escola Infantil Municipal das Fontiñas previa solicitude de cita telefónica (de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas). Cómpre lembrar que, xunto co impreso de solicitude, os/as representantes legais do neno/a deben achegar a documentación que se detalla no cartel de prazos adxunto.

Os impresos de solicitude e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática, seguindo as instrucións contidas na seguinte dirección: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do. Tamén poden entregarse no Rexistro do Concello de Santiago, pedindo previamente cita no teléfono 981 543 122, ou por correo electrónico, a través da dirección dptoeducacion@santiagodecompostela.gal, indicando no asunto "Solicitude de praza Rede E.I.M. Curso 2020-2021".

Aquelas persoas que solicitasen prazas para este curso e figuren en situación de agarda deben facer e novo a solicitude de admisión.

Para consultas e citas:

o E.I.M DE CONXO: 981528702 eimdeconxo@yahoo.com
o E.I.M DAS FONTIÑAS 981528703 eimdasfontinas@yahoo.com
o E.I.M DE MEIXONFRIO SALGUEIRIÑOS 981528707 eimdemeixonfrio@yahoo.com
o De forma presencial, en casos excepcionais, a información darase, pedindo cita previa na E.I.M das Fontiñas en horario de 10:00 a 13:00 horas

Compartir: