ALCALDÍA

O alcalde reuniuse co director da división ELT da Oxford University Press España

23/10/2019 O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse con Chris Wyburd, director da división English Language Teaching (ELT) da editorial Oxford University Press España. . O encontro tivo lugar na Alcaldía, onde charlaron sobre o Oxford Test of English, o examen de nivel de inglés certificado pola Universidade de Oxford.

Este é un examen diferente, 100% online, que certifica a competencia lingüística do alumnado dunha maneira fiable e segura. Está recoñecido, entre outros, polas universidades españolas e a maioría das consellerías de Educación, incluída a da Xunta de Galicia. Pódese realizar calquera día en calquera dos centros acreditados a nivel nacional. En Galicia hai centros en todas as provincias.

Nado en Londres, Chris Wyburd leva vinte anos traballando para a filial da Universidade de Oxford en España. Entre os seus logros está contribuír a situar a división española como unha parte clave e de referencia, convirténdose nunha das máis importantes da prestixiosa editorial británica. Dirixe dende o seu inicio a implantación do exame Oxford Test of English en España e continúa colleitando importantes avances en todo o territorio nacional.

Oxford University Press (OUP) promove a excelencia na investigación e a educación e mantén o firme compromiso de desenvolver materiais escolares que se adapten á realidade da aula actual en España. Creada a finais de 1991, Oxford University Press España (OUPE) publica libros de texto en castelán e outras linguas oficiais para o sistema educativo español.

Compartir: