ALCALDÍA

Recepción ás persoas participantes na XXXVII Reunión de Asociacións e Xestores Culturais

21/09/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu as persoas participantes na XXXVII Reunión de Asociacións e Xestores Culturais, que se celebra entre o 21 e o 23 de setembro no Mosteiro de San Martiño Pinario.

"Camiños e rutas culturais: impulsando o desenvolvemento económico e social" é o título do programa deste encontro, que reúne destacados profesionais de distintos ámbitos do patrimonio cultural e natural, especialistas en patrimonio histórico, turismo, arquitectura, educación patrimonial ou conservación, entre outros.

Compartir: