IGUALDADE

Marta Lois visitou os nenos e nenas que participan no programa Verán CampUSC

16/07/2018 Os nenos e nenas participantes no programa Verán CampUSC recibiron a visita da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo.

Durante a visita, tiveron a ocasión de ver o traballo que estaban a realizar os nenos e nenas nos diferentes grupos planificados durante a mañá. No momento da visita, os rapaces e rapazas presentes no pavillón polideportivo estaban a desenvolver unha actividade de baloncesto, mentres que os máis pequenos e pequenas estaban na hora da merenda. Na instalación do estadio de atletismo, o grupo de maiores (9-13 anos) xogaba a un deporte alternativo e novidoso como é o jugger, que tivo moi boa acollida en edicións anteriores.

Nesta terceira quenda, así coma na segunda e na quinta, as prazas están esgotadas. O próximo luns día 23 comeza a cuarta quenda e última antes do parón do mes de agosto.

Compartir: