PERSOAL

O Concello sube o soldo un 1% ao persoal municipal

27/07/2017 O Concello de Santiago vén de aprobar unha suba salarial a todo o persoal municipal do 1% unha vez que entraron en vigor os orzamentos xerais do Estado, que recollen este incremento na retribución do funcionariado público.

Este incremento entrará en vigor na nómina do mes de xullo, coa que ademais se aboarán tamén os atrasos dende o mes de xaneiro a xuño de 2017. O Concello de Santiago é dos primeiros do Estado en aplicar esta suba, que supón un desembolso de aproximadamente 200.000 euros.

Compartir: