XUNTA DE GOBERNO

Aberto o procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar

21/07/2017 A Xunta de Goberno acordou este venres sacar a licitación o Servizo de Axuda no Fogar, mediante procedemento aberto. A adxudicación farase por un importe máximo autorizado de case catro millóns de euros, IVE incluído, e por un período de dous anos.

O alcalde, Martiño Noriega, salientou que este procedemento "mellorará sensiblemente o servizo actual, xa que para o 2015 preveranse algo máis de 900.000 euros e a partida fora incrementada ata algo máis dun millón en 2016".

Centros socioculturais
A Xunta de Goberno de hoxe tamén deu conta da resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais en relación ao recurso interposto por Arasti Barca contra a licitación do servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos do Concello de Santiago. O alcalde explicou que o recurso foi desestimado, de xeito que o Goberno pode seguir avanzando no procedemento para a adxudicación do contrato. A licitación será por un período de 24 meses e por un importe de máis dalgo máis de 945.000 euros/ano, máis IVE.

Convenios
Na súa reunión de hoxe, o Goberno aprobou o convenio de colaboración co Colexio de Avogados de Santiago, que recibirá 15.000 euros, e coa Fundación USC-Deportiva, por un importe de 9.000 euros. Ademais, deuse conta da sinatura do convenio coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o programa Vacacións en Paz, ao que se destinará 5.340 euros.

En materia de subvencións, acordouse solicitar unha axuda de 57.000 euros para a promoción da igualdade, e deuse conta da concesión doutra axuda de 10.000 euros por parte da Deputación da Coruña, para a Escola Municipal de Música.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: