ALCALDÍA

Encontro en Raxoi co Club de Cans "Só lles falta falar"

25/10/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, Noa Morales, mantiveron un encontro con membros do Club de Cans "Só lles falta falar".

Foi unha xuntanza de presentación, coa que o Club quixo dar conta das actividades que teñen previstas para os vindeiros meses, moitas delas en colaboración co propio Concello. A entidade xa vén traballando regularmente con departamentos municipais coma os de Educación ou Mocidade. De feito, hai unhas semanas e no marco dos Orzamentos Participativos de Mocidade de 2016, poñíase en marcha unha campaña de sensibilización contra o maltrato animal, dirixida a alumnado de Secundaria e Bacharelato. Ademais das sesións nos institutos, programáronse charlas nos parques da cidade, abertas a toda a veciñanza.

Compartir: