ACCIÓN CULTURAL

A compañía Kukai Dantza presenta "Oskara" dentro do ciclo Teatro & Danza

25/10/2016 A compañía vasca Kukai Dantza chega mañá mércores a Compostela para presentar Oskara dentro do ciclo Teatro & Danza da Concellaría de Acción Cultural. Será a partir das 20:30 horas no Teatro Principal e, ao remate do espectáculo, os membros da compañía manterán un encontro co público presente na sala. As entradas teñen un prezo de 10 euros (5 euros cos descontos habituais) e poden mercarse en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal, que abre de 18:00 a 21:00 horas.

Este proxecto supón o encontro entre Kukai Dantza e Marcos Morau / A Veronal. É a unión entre dous universos coreográficos e dúas miradas cara a danza que navegan entre a raíz máis popular e a expresión máis vangardista.

Oskara é un traballo instalativo que percorre algunhas pasaxes da cultura vasca e dos seus mitos, dende a súa orixe ata a época contemporánea, e debuxa un percorrido plástico e emocional de símbolos e iconografía de forza ambigua e desconcertante que, da maneira máis absoluta, contén dentro de si a historia da experiencia humana.

Compartir: