CENTROS SOCIOCULTURAIS
A partir do luns 1 de xuño, en horario de 10 a 14h, comezan as Mañas de verán e de xogo nos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Sta.Marta, Conxo e nos locais socioculturais das Parroquias de A Gracia, Nemenzo, Marantes, Busto e Figueiras. Os rapaces gozarán durante todo o mes dun variado programa de actividades de animación no tempo libre.
Tamén comezan con moi boa acollida os obradoiros Medrar en Familia, actividades con bebés de 6 a 36 meses. O primeiro será o martes 2 de xullo no Csc de Conxo ás 18 h. Requirese inscrición.
Todos os luns e mércores do mes de xullo, Ximnasia terapéutica no Parque da Alameda (zona dos aparellos de ximnasia). Non se precisa inscrición, horario de 10 a 11h. Tamén todos os martes de xullo no Parque de Bonaval, Tai Chi de 10 a 11h, e os xoves Chi kung, no Campus Sur, en fronte á facultade de Químicas, de 20 a 21h, sen inscrición. Os mércores de xullo, de 19.30h a 20h no Parque de Bonaval, Baile Funky para todos!, aberto a todo o público.
Tamén se lembra que segue aberto o prazo para as saídas ao parque acuático de Cerceda, os días 11 e 18 de xullo, destinado a rapaces de 7 a 14 anos. E ademais,
Scalextric no Csc de Sta.Marta o martes 2 e o mércores 3 de xullo de 17 a 20h,
Non se precisa inscrición.
Continúan as actividades do programa Vive o Verán 2013 dos centros socioculturais
28/06/2013 O programa Vive o Verán, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais, desenvolve nos próximos días un intenso calendario de actividades que se prolongarán durante todo o mes de xullo.
O sábado 29 celebrarase a Ruta en bicicleta polo monte do Gozo e arredores, na que poderán participar todos os que queiran sen necesidade de inscrición previa. Iso si, deberán ser maiores de 14 anos. A saída farase ás 11.00 h desde o CSC das Fontiñas.A partir do luns 1 de xuño, en horario de 10 a 14h, comezan as Mañas de verán e de xogo nos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Sta.Marta, Conxo e nos locais socioculturais das Parroquias de A Gracia, Nemenzo, Marantes, Busto e Figueiras. Os rapaces gozarán durante todo o mes dun variado programa de actividades de animación no tempo libre.