DEPORTES

O partido do Compos polo ascenso poderá verse nunha pantalla xigante na Sala Capitol

28/06/2013 A Concellería de Deportes colabora desta forma co club nun día tan importante para a entidade compostelá.

O vindeiro domingo, 30 de xuño, celebrarase o partido de volta da última fase do play-off de ascenso a Segunda B, un encontro de importancia vital para a SD Compostela. O concelleiro Adrián Varela fai un chamamento a toda a cidade para que anime ao equipo e por iso desde a Concellería de Deportes se tomou a decisión de instalar unha pantalla xigante na Sala Capitol para que todos os que queiran poidan achegarse e vibrar co encontro.

As portas da Sala Capitol estarán abertas a partir das 18.30 horas da tarde do vindeiro domingo para recibir a todos os afeccionados do Compos e a todos aqueles cidadáns que se queiran achegar e e apoiar ao club nun dos obxectivos máis importantes da temporada: o ascenso por segundo ano consecutivo.

Compartir: