EMPREGO
No acto, o alcalde explicou que a "reactivación económica local esixe a apertura dun novo ciclo que permita a xeración dun crecemento caracterizado pola reanimación das diferentes actividades económicas que posibiliten o aumento da produción, o investimento e, por conseguinte, a creación de emprego".
Pola súa banda, Reyes Leis, destacou a intención do Concello en redobrar os esforzos para impulsar o deseño de itinerarios que permitan dotar de maiores competencias profesionais ás persoas en situación de desemprego, co fin de mellorar as súas oportunidades de acceso a un posto de traballo.
Os diplomas que se entregaron, aos máis de 70 asistentes, corresponden aos cursos de Organización de Proxectos de Instalacións Solares Térmicas, Operacións de Fontanería e Calefacción, Instalacións de Gas e Calefacción, Montaxe e Mantemento de Instalacións solares Térmicas, Xestión Integral de Recursos Humanos, Xestión Contable e Xestión Fiscal para a Auditoría, Electricista de Edifícios, Servizos de Bar e Cafeteria, Operário de Almacén, Competencias Profesionais e Informática Básica.
O alcalde entrega os diplomas dos programas AFD e Pacto Local polo Emprego
31/05/2013 O salón de actos do CERSIA acolleu o acto de entrega dos diplomas dos Programas de Formación AFD e Pacto Local polo Emprego que organiza o Departamento de Emprego da Concellaría de Economía do Concello.
O alcalde de Santiago, Ángel Currás e a concelleira da Área de Economía e Emprego, Reyes Leis, xunto con Camino Triguero, secretaria territorial da Consellería de Traballo e Benestar, e de Jesús Chenel e Jesús Sordo, presidentes da Asociación de Empresarios da Área Empresaríal do Tambre e da Asociación de Restauración de Compostela respectivamente, fixeron entrega dos diplomas dos cursos e accións formativas que se realizaron no marco da colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e o Pacto Local polo Emprego.No acto, o alcalde explicou que a "reactivación económica local esixe a apertura dun novo ciclo que permita a xeración dun crecemento caracterizado pola reanimación das diferentes actividades económicas que posibiliten o aumento da produción, o investimento e, por conseguinte, a creación de emprego".