ALCALDÍA

O Concello recibe os participantes no seminario sobre a búsqueda de seguridade nas operacións no estranxeiro

31/05/2013 O alcalde, Ángel Currás, recibiu os participantes que esta mañá tiveron ocasión de asistir ao Seminario que se celebrou na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.

Este venres 31 de maio celebrouse o Seminario "Aspectos Xurídicos Internacionales. Búsqueda de seguridade nas operacións no extranxeiro" organizado pola Red de Plataformas Empresariales en el Exterior de Galicia (Red PEXGA) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), en colaboración con IURISGAL (International Network of Law Firms).

O Seminario abordou dende un punto de vista totalmente práctico as principais cuestións xurídicas relativas a operacións no extranxeiro, xa sexan de inversión, compra – venda ou de tipo comercial.

Entre os ponentes do Seminario atópanse abogados de recoñecido prestixio da rede de IURISGAL en Brasil, Chile, Estados Unidos, Panamá, Bélxica, Hungría, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Suiza.

Durante esta tarde os empresarios interesados puideron manter entrevistas individuais cos relatores para expoñerlles cuestións concretas.

Compartir: