ECONOMÍA

Ábrese o prazo para inscribirse no curso "Solucións negociadas a conflictos e dilemas"

31/05/2013 O curso, dentro das actividades do Santiago Investors Support, celebrarase o dez de xuño no Cersia
A concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso "Solucións negociadas a conflictos e dilemas", dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes

O obxectivo do curso é amosar a importancia que ten saber negociar en situacións de enfrontamentos, onde parace que non pode haber unha saída positiva polas diferentes posturas e o fins que se persiguen por parte dos implicados, que as veces mesmo poden ser contradictorios entre sí.

Estructúrase en oito apartados: Cuestión de conciliación; O factor motivador nas negociacións; o formulario do negociador; Enxeñería negociadora, construíndo pontes; Persuasión e empatía negociadora; O xogo dos obxectivos e as concesións; Cando falar e cando escoitar?; Dinámicas de negociación.

O curso, gratuito, desenvolverase o próximo 10 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A inscripción pode facerse a través da web www.cersiaempresa.org.
Para máis información pode chamarse ao 981 54 24 93.

Compartir: