EDUCACIÓN

Dúas iniciativas da UMAD buscan unha saída formativa para aqueles rapaces que abandonan os estudos

31/05/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, acompañada polo técnico da Umad Jorge Carballido, presentou estas dúas iniciativas, orientadas a rapaces de 16 anos que non queren seguir formándose. Trátase por unha banda dun curso formativo prelaboral e por outra, de dous cursos de orientación e inserción laboral.

Os cursos, que comezaron hai tres semanas, están orientados a rapaces de 16 anos que abandonan os estudos e pretenden xerar neles unha motivación para que continúen formándose.

María Castelao, concelleira de Educación e Benestar Social, presentou xunto cun técnico da concellería estes cursos de atención ao público e de comercial de teléfono destinados a "mozos e mozas que non se sinten cómodos dentro do noso sistema educativo e alcanzan os 16 anos de idade cunha idea prefixada de antemán: abandonar os estudos. "O que descoñecen estes mozos é que si que teñen capacidades e que si que o sistema educativo ten recursos para eles" apuntou a edila.

Estes cursos realízanse os venres pola tarde e os sábados pola mañá, para formar laboralmente aos rapaces nunhas profesións atractivas e con saída laboral. Cunha duración de 20 horas cada un, desenvólvense na Casa das Asociacións CABES (Salgueriños) e no Centro Sociocultural de Vite.

-Casa das asociacions CABES, na aula de usos múltiples os venres de 16:30 a 19:00 horas os días: 7 e14 de xuño
-Centro socio cultural de Vite, aula de informática os sábados de 10:30 a 13:30 horas os días: 1,8 e15 de xuño.

A Concellería tamén vai desenvolver, nos meses do verán, un curso formativo intensivo con titulación de formación laboral para aqueles rapaces que non queren retomar os estudos e que teñen moi claro que queren prepararse para acceder ao mercado laboral. Trátase dun curso de actividades auxiliares de almacén que se desenvolverá en Aríns, cun total de 179 horas, teóricas e prácticas en empresas, co que se pretende que os rapaces acaden unha formación suficiente para o desenvolvemento laboral da actividade e que se poidan incorporar ao mercado do traballo. Este curso está programado para 15 persoas que serán seleccionadas por diversos departamentos da Consellería de Benestar

Compartir: