EDUCACIÓN

Inaugúrase a campaña de animacion á lectura "Palabras no bosque"

31/03/2005 O venres 1 de abril terá lugar o acto de apertura da Campaña de animación á lectura "Palabras no Bosque", ás 11.30 na Galería Sargadelos.

No acto de inauguración estarán presentes representantes da Editorial Kalandraka, a Concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos e o xerente de Sargadelos, José Luís Vázquez Montero.

"Palabras no Bosque" é o nome escollido nesta ocasión para a Campaña, na que se inclúen diferentes propostas dirixidas ao profesorado, aos nenas e nenos con idades comprendidas entre os 5 e os 7 anos, talleres de ilustración, encontros con pais e nais para animar a ler, sesións didácticas na exposición, encontros con escritores e ilustradores, etcétera.

Programa de actividades para o venres 1 de abril

11 h.Recepción dos grupos escolares

11 h.Sesión de contacontos
Participarán escolares de 1º e 2º educación primaria do CEIP Cardenal Quiroga Palacios.

Taller de escrita creativa con Xosé Ballesteros
Participarán escolares de 5º e 6º de educación primaria do CEIP López Ferreiro.

Taller de Ilustración con Kiko da Silva
Participarán escolares de 4º e 5º de educación primaria do Colexio Compañía de María.

11.30 h.Acto de inauguración

12.15 h.Fin das actividades

Compartir: