ORZAMENTOS 2005
Axustado a unha situación ben diferente ao do pasado ano 2004, de carácter extraordinaria por mor da celebración do Ano Xubilar que implicou para o Concello unha aportación extraordinaria de fondos a través do Consorcio da cidade de perto de catro millóns de euros, os orzamentos do presente ano teñen unha estimación de ingresos de 90.146.226 de euros e de 85.646.256 euros no capítulo de gastos.
Estas cantidades supoñen un 9% menos respecto dos orzamentos do ano 2004, en parte por mor da devandita aportación extraordinaria e en parte polo descenso das cotas de urbanización de construcción nos novos polígonos que se aportaban a través da sociedade municipal de vivenda, EMUVISSA.
A pesares desta reducción nos orzamentos municipais a cidade de Santiago, segundo indicou o concelleiro de Facenda, segue a ser a cidade galega cun orzamento máis alto por habitante, concretamente 1.000 euros por habitante.
O investimento centrarase nos barrios e na zona rural
Xaquín Leiceaga informou que neste exercicio vaise producir un "cambio sustancial no perfil dos investimentos", ata agora centrados no Ensanche da cidade, zona que ten pendentes de executar actuacións de reurbanización comprometidas no exercicio orzamentario do pasado ano. Os barrios e a zona rural serán agora o eixo preferente dos investimentos cun programa de dotación de infraestructuras de perto de 10 millóns de euros.
Barrios e zona rural centran os investimentos no ano 2005
31/03/2005 A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, aproba o proxecto de orzamentos para o ano 2005.
Cun carácter "moi contido", segundo suliñou o concelleiro de Facenda, Xaquín Leiceaga, os orzamentos municipais do ano 2005 teñen un marcado carácter de servizo cidadán na busca do equilibrio territorial e social.Axustado a unha situación ben diferente ao do pasado ano 2004, de carácter extraordinaria por mor da celebración do Ano Xubilar que implicou para o Concello unha aportación extraordinaria de fondos a través do Consorcio da cidade de perto de catro millóns de euros, os orzamentos do presente ano teñen unha estimación de ingresos de 90.146.226 de euros e de 85.646.256 euros no capítulo de gastos.