EDUCACIÓN
Misterio e intriga son as cualidades polas que destaca No bosque, cuxo autor, Anthony Browne, foi galardoado en 2000 co Premio Hans Christian Andersen. Nesta mostra actúa como un libro de transición, enlazando cunha instalación artística realizada polo equipo de deseño de Kalandraka: os escolares atópanse neste espazo cun arboredo de troncos dos que penduran elementos que, como a capa de Carapuchiña, están vencellados aos contos clásicos.
Nas pólas deste bosque tamén se atopan os fogares dos protagonistas de Niños, un álbum ilustrado por Natalia Colombo. É a segunda vez que o traballo desta artista bonaerense se expón en Santiago, tras gañar en 2008 o I Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados pola obra titulada Cerca. As súas ilustracións destacan polas formas esquemáticas e unha paleta de colores intensos e luminosos que acentúan o carácter lúdico deste libro sobre a diversidade e a convivencia entre especies distintas.
Pensando nos pre-lectores e nas dúas sesións de contacontos para bebés que se realizarán o 11 de maio neste espazo, Paxariña de papel é outro dos libros incluídos nesta XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura. As ilustracións de Óscar Villán son sinxelas e recoñecibles, de trazos soltos e perfís marcados, tons e texturas suaves.
Outra instalación artística que chama a atención do público é a recreación dun dos escenarios representados no álbum A galiña vermella: as ilustracións do italiano Marco Somà enmárcanse nunha cociña antiga na que non faltan mobles e utensilios de época, acordes ao ambiente cálido e acolledor no que transcorre este conto que evoca o xeito de vida tradicional no campo.
O simbolismo no tratamento do amor, da feminidade, do medo ou do sentimento da perda, a carga lírica e onírica das imaxes, caracterizan a obra de Belén Padrón no libro Rosalía de Castro, antoloxía poética. Os orixinais expóñense nunha sala dedicada a homenaxear a gran poeta galega con motivo do 150 aniversario de Cantares Gallegos.
Mari-Sol García e Xosé Pérez, de Kalandraka, dirixiron a montaxe desta exposición, que se pode visitar ata o 25 de maio en horario comercial. Ademais das actividades concertadas cos centros escolares de Santiago, a mostra está aberta ao público en xeral.
Outros espazos da Galería Sargadelos foron intervidos con obxectos tridimensionais e siluetas alusivos a outros libros relacionados coa temática central desta XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura: as escenas de Bernardo Carvalho para P de papá, o abrigo multicolor do álbum Os petos de Loreto, de Quentin Blake, ou o lenzo e as pinturas que acompañan Para pintar o retrato dun paxaro, ilustrado por Mordicai Gerstein.
A Galería Sargadelos acolle a exposición da Campaña Municipal de Animación á Lectura
29/04/2013 Unha bandada de contos é o lema da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realiza na Galería Sargadelos, organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka. As sesións de contos e música para escolares de Educación Infantil e Primaria realízanse nun espazo especialmente ambientado para recrear a atmosfera estética e literaria de cada obra. Neste "pequeno museo" no que se converteron as paredes da Galería, pódense admirar as ilustracións dos mexicanos Julia Díaz e David Álvarez, do prestixioso autor británico Anthony Browne, da arxentina Natalia Colombo, dos galegos Belén Padrón e Óscar Villán, e do italiano Marco Somà.
Julia Díaz e David Álvarez gañaron o V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados con Bandada, unha metáfora sobre a historia da humanidade protagonizada por varias especies de aves. O libro, cunhas espectaculares ilustracións en branco e negro, foi seleccionado pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich para formar parte da prestixiosa selección The White Ravens.Misterio e intriga son as cualidades polas que destaca No bosque, cuxo autor, Anthony Browne, foi galardoado en 2000 co Premio Hans Christian Andersen. Nesta mostra actúa como un libro de transición, enlazando cunha instalación artística realizada polo equipo de deseño de Kalandraka: os escolares atópanse neste espazo cun arboredo de troncos dos que penduran elementos que, como a capa de Carapuchiña, están vencellados aos contos clásicos.