CULTURA
En 1974 tivo lugar a estrea da súa adaptación cinematográfica, dirixida por Stanley Donen. Curiosamente, o papel protagonista do aviador ofrecéuselle en primeiro lugar a Richard Burton, que non o aceptou. A película tivo dous nomeamentos aos Óscar, nas categorías de Mellor canción e Canción orixinal da BSO.
Sinopse
Había unha vez un neno que habitaba un planeta a penas máis grande que el e que tiña necesidade dun amigo... O Principiño vive só nun pequeno planeta, o asteroide B612, onde pasa os seus días limpando os seu tres volcáns e quitando as árbores baobab que constantemente tentan botar raíces alí -de permitirlles crecer, as árbores partirían o planeta en anacos. A súa única distracción é ver as postas de sol. Un día, dunha semente extraviada, nace no seu planeta unha fermosa flor...
O famoso relato de Antoine de Saint-Exupéry contado en clave de teatro musical, pero sen deixar de ser absolutamente fiel ao texto. Música orixinal, un coro de nenos e unha posta en escena chea de imaxinación e poesía, fan deste musical unha experiencia única para compartir en familia: os nenos aprenden a mirar as cousas cun pouquiño máis de profundidade e os maiores aprenden a ser nenos outra vez.
Prezo das entradas: 12 € / 10 € anfiteatro
Puntos de venda:
- Billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18:00 a 21:00 horas. Os días que hai evento no teatro, a venda anticipada remata ás 20:00 horas e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono da billeteira: 981 542 349
- entradas.novagaliciabanco.es e 902 434 443
"O Principiño", un clásico da literatura universal, chega ao Teatro Principal
27/03/2013 O domingo 28 de abril, ás 12:30 horas, a compañía Telón Tolón representa a obra O Principiño no Teatro Principal. Esta función de teatro, con música orixinal, un coro de nenos e unha posta en escena chea de imaxinación e poesía, está incluída no ciclo Infantil & Familiar. As entradas xa están á venda.
O Principiño é un clásico da Literatura universal que cautivou a millóns de lectores. O escritor e aviador francés Antoine de Saint- Exupéry escribiu o libro en 1943 e, dende a súa publicación, foi traducido a máis de 250 idiomas e dialectos, sendo a obra literaria francesa máis lida no século XX e a terceira máis difundida do mundo despois da Biblia e Das Kapital, de Karl Marx.En 1974 tivo lugar a estrea da súa adaptación cinematográfica, dirixida por Stanley Donen. Curiosamente, o papel protagonista do aviador ofrecéuselle en primeiro lugar a Richard Burton, que non o aceptou. A película tivo dous nomeamentos aos Óscar, nas categorías de Mellor canción e Canción orixinal da BSO.