PERSOAL
A comunicación terá que incluír un listado dos traballadores que teñen a posibilidade de acollerse a esta xubilación parcial dende a actualidade ata o 2019. A falta de concretar esta lista, Amelia González estimou en 41 traballadores laborais os que se poderían acoller a esta figura. De feito, indicou, hai cinco empregados que xa teñen esta xubilación parcial.
Segundo explicou a concelleira, a principal diferenza entre o establecido no convenio colectivo e o disposto no Real Decreto é que o primeiro permite aos traballadores acollerse á xubilación parcial nunha porcentaxe do seu tempo de traballo de entre o 25 e o 75%, mentres que a norma estatal obriga a que a xubilación parcial sexa por un 50% do tempo. Cómpre lembrar que, para esa porcentaxe de tempo na que o empregado xubilado parcialmente deixa de prestar servizo, débese contratar outro traballador.
As condicións de xubilación parcial do persoal laboral manteranse ata 2019
27/03/2013 A concelleira Persoal, Amelia González, anunciou que as condicións para a xubilación parcial do persoal laboral municipal se manterán nos termos contidos no convenio colectivo ata 2019. Tras o acordo acadado coas representacións sindicais, o Concello acollerase deste xeito á posibilidade que ofrecía o Real Decreto-lei 5/2013, de 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo, de non aplicar as condicións deste en caso de consenso.
O Real Decreto, que fixa nunha parte do seu articulado as condicións de xubilación parcial ata 2019, permitía respectar o pactado nos convenios colectivos de existir acordo entre as partes. Logrado este consenso, as condicións pactadas deberán ser comunicadas ao Instituto Nacional da Seguridade Social antes do 15 de abril.A comunicación terá que incluír un listado dos traballadores que teñen a posibilidade de acollerse a esta xubilación parcial dende a actualidade ata o 2019. A falta de concretar esta lista, Amelia González estimou en 41 traballadores laborais os que se poderían acoller a esta figura. De feito, indicou, hai cinco empregados que xa teñen esta xubilación parcial.