CULTURA

A Real Filharmonía interpreta a Falla

31/05/2006 Malia que aínda faltan dous dos máis interesantes programas para rematar a presente campaña da Real Filharmonía de Galicia, o venres 2 de xuño o seu director titular, Antoni Ros Marbà, dirixe o que será o seu derradeiro concerto da tempada. Faino cun programa que inclúe como peza fundamental a versión íntegra do ballet "El sombrero de tres picos", de Manuel de Falla.

A versión orquestral que aquí se toca será reforzada e ampliada ata completar 70 músicos enriba do escenario. O concerto será gravado para posteriormente protagonizar a peza principal dun futuro disco da Real Filharmonía de Galicia adicado a Manuel de Falla.

O concerto conta tamén coa estrea absoluta dunha obra de encargo feita pola orquestra ao compositor galego Joám Trillo, "Divertimento(ma non troppo)", dentro do compromiso de Antoni Ros Marbà de estrear cando menos unha obra dun compositor galego por tempada.

Compartir: