EDUCACIÓN
Poden optar aos Premios Educacompostela aqueles autores que elaboren material didáctico que trate sobre temas interesantes de abordar no currículo, ben sexa en Educación Infantil, Primaria ou Secundaria. Tamén se poderán presentar materiais elaborados e destinados para o contexto no formal e informal.
Establécense tres premios: de 1.200, de 900 e de 600 euros, e o material presentado, que será orixinal e inédito, deberá ir acompañado dun texto explicativo dun máximo de 15 páxinas.
Navegando entre culturas
Por outra banda, a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, presentou a campaña de sensibilización "Navegando entre culturas", un proxecto lanzado no ano 2002 pola ONGD Jóvenes del Tercer Mundo
(JTM), en colaboración coa Fundación JuanSoñador.
Este proxecto persegue varios obxectivos relacionados coa toma de conciencia da diversidade cultural do mundo. Así, pretenden dar a coñecer obxectos, ritos e costumes de diversas culturas e axudar a valorar e apreciar a riqueza cultural doutros pobos, sempre desde o respecto.
Ademais, preténdese fomentar unha cultura de tolerancia e de solidariedade, á vez que un maior compromiso no eido do voluntariado, tanto na acción local coma no Terceiro Mundo.
O núcleo da campaña é a exposición interétnica "Navegando entre culturas" que estará na Aula Sociocultural de Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18) desde o 5 de abril ata o 5 de maio. O horario de apertura ao público é de luns a venres de 18 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 18 a 21.30 horas.
Como complemento e ampliación desta proposta, haberá diversas actividades en Santiago de Compostela.
Ábrese o prazo para os premios Educacompostela
31/03/2005 A Concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou a 3ª edición dos premios de investigación e recursos didácticos Educacompostela e a campaña de sensibilización "Navegando entre culturas".
Desde o 31 de marzo ata o 30 de xuño, aqueles concursantes individuais e colectivos que queiran participar nos premios Educacompostela poderán presentar os seus traballos, segundo se establece nas súas bases.Poden optar aos Premios Educacompostela aqueles autores que elaboren material didáctico que trate sobre temas interesantes de abordar no currículo, ben sexa en Educación Infantil, Primaria ou Secundaria. Tamén se poderán presentar materiais elaborados e destinados para o contexto no formal e informal.