PLENO
Este ampliación dos produtos de venda pretende dinamizar o mercado e atraer a máis compradores. De feito, os postos de alimentación situaranse na parte central do mercado, que na actualidade está máis baleira.
O Regulamento tamén se adapta ás diferentes modificacións normativas tanto a nivel estatal como autonómico. Así, por exemplo, simplifícase o procedemento no outorgamento de autorizacións. Estas concederanse por un prazo de cinco anos, prorrogables por outros cinco. Ademais, contrariamente ao que sucedía ata agora, a autorización poderá habilitar non só ao titular, senón tamén ao cónxuxe ou descendentes directos. No caso de cooperativas, estas non poderán ocupar máis do 50% do espazo da zona autorizada.
Plan de Emerxencias Municipal
A Corporación tamén deu o visto bo inicial, cos votos favorables de PP e BNG e a abstención do PSdG-PSOE, ao Plan de Emerxencias Municipal (PEMU). Este documento establece protocolos de actuación e un sistema de coordinación permanente para situacións de emerxencia. Ao longo de 11 capítulos e catro anexos, contén unha descrición do territorio (xeografía, poboación, vexetación, xeomorfoloxía, industria, vías de comunicación, etc), analiza e valora os riscos para a poboación e fai un compendio dos medios humanos e materiais dos que o Concello pode facer uso no caso de que se materialice o risco. Ademais, establece os equipos e procedementos para facer fronte aos distintos riscos, e inclúe unha serie de protocolos de actuación no caso de que o Concello precisase de medios alleos para atender a situación de emerxencia. Neste caso contémplanse diferentes niveis de transferencia administrativa.
O documento fixa unha relación de medios e recursos necesarios para facer fronte ás diversas situación de risco, determinándose catro protocolos de actuación: fronte a accidentes de mercadorías perigosas, incendios forestas, incendios urbanos de carácter grave e fortes temporais.
O PEMU supón tamén a creación dunha serie de órganos de coordinación e estruturas, tales como a Xunta Local de Protección Civil, o Comité Asesor e mesmo un Gabinete de Información. A activación do Plan corresponderá ao director do mesmo, que será o alcalde ou persoa na que delegue. Dende ese momento poranse en marcha unha serie de actuacións, unhas automáticas e outras que dependerán do tipo de urxencia.
O director do Plan xuntarase co Comité Asesor no denominado Centro de Coordinación Municipal (CECOPAL). Será aquí onde se xestione a resolución da emerxencia, trasladando as correspondentes directrices aos distintos grupos de acción: intervención, sanitario, seguridade, transmisións, loxístico e de rehabilitación. Todos estes estarán coordinados dende o posto de mando avanzado polo director técnico de Emerxencia.
Medallas da Policía Local
Ademais, aprobouse a proposta de concesión de medallas e galóns de méritos da Policía Local, que se entregarán o sábado 2 de marzo con motivo do patrón deste Corpo, o Santo Anxo da Garda. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidirá o acto.
Este ano, as medallas do Corpo, que recoñecen o mantemento durante a vida profesional dunha conduta exemplar ou os méritos contraídos ao longo dun período de tempo, recaerán no oficial Manuel Andrés García Otero, que desempeña o seu labor en Santiago dende 1971; no catedrático de Toxicoloxía da Facultade de Medicina da USC, Manuel López-Rivadulla Lamas; no sarxento 1º do destacamento de tráfico da Garda Civil de Santiago, Miguel Rodríguez Vázquez; no subinspector do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Alfonso Martínez Rial; e no funcionario do Concello adscrito á área de circulación José Antonio Suárez García.
Ademais, entregaranse os galóns de mérito a unha serie de axentes do Corpo da Policía Local que se distinguiron polas súas virtudes profesionais e humanas ao longo do último ano. Nesta ocasión serán para José Manuel Sampedro Alcalde, Marcos Iglesias Martínez e Manuel Curros Esperante.
A concesión de medallas e galóns está recollida no Regulamento do Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela no seu título V dos premios e distincións, concretamente nos artigos 46 e 44.
Toma de posesión
Neste Pleno tomou posesión do cargo como concelleiro do grupo municipal do Partido Popular Luís Meijide Rodríguez. Nacido en Conxo en 1958, vive na actualidade en Fontiñas, onde é o presidente da Asociación de Veciños As Fontes. De profesión axente comercial, está casado e ten dous fillos.
Na sesión tamén se formalizou a renuncia á súa acta de edil de Albino Vázquez Aldrey.
Investigación interna
A Corporación tamén aprobou por unanimidade a realización dunha investigación interna na que se procederá a comprobar os expedientes aos que se refiren as facturas publicadas nunha información xornalística aparecida hoxe. Esta investigación xa fora anunciada esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya.
Declaración polo Día Internacional da Muller
Os tres grupos municipais aprobaron neste Pleno ordinario unha declaración institucional con motivo da celebración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller. Coa mesma, o Concello quere sumarse "ao compromiso do Goberno galego de actualizar e crear os instrumentos necesarios para consolidar os cambios culturais e sociais alcanzados e, sobre todo, para continuar a preservar un contexto favorable a novos logros na igualdade entre mulleres e homes".
No documento reivindícase "o labor realizado por millóns de mulleres que contribuíron co seu traballo e esforzo á loita pola igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres. Grazas a este esforzo colectivo das mulleres, do pasado e do presente, conseguíronse grandes avances pero, con todo, queda un longo camiño que percorrer". Así, estímase que "a igualdade efectiva é responsabilidade de todas as administracións, polo que asumimos o compromiso de continuar coa implementación das políticas de promoción da igualdade en todas as áreas: educación, prevención da violencia de xénero, emprego, conciliación..., coa implicación transversal de todas as concellarías, porque somos conscientes de que a igualdade efectiva só se pode conseguir co esforzo de todos e de todas".
O Pleno dá o visto bo definitivo ao Regulamento de Venda Ambulante
28/02/2013 O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de febreiro, aprobou definitivamente e por unanimidade o Regulamento de Venda Ambulante. Tamén deu o visto bo, neste caso inicialmente, ao Plan de Emerxencias Municipal. Nesta sesión formalizouse a toma de posesión como concelleiro de Luís Meijide Rodríguez.
Unha vez resoltas as alegacións, aprobouse definitivamente o Regulamento de Venda Ambulante. Este introduce varias novidades, algunha das cales responden ás demandas manifestadas polo propio colectivo de vendedores ambulantes, que en Santiago se instalan no tradicional mercado dos xoves en Salgueiriños. Ese é o caso da autorización de produtos de alimentación frescos.Este ampliación dos produtos de venda pretende dinamizar o mercado e atraer a máis compradores. De feito, os postos de alimentación situaranse na parte central do mercado, que na actualidade está máis baleira.