XUNTA DE GOBERNO
As tres escolas municipais dan cabida a 245 nenos e nenas: 123 en Meixonfrío-Salgueiriños; 61 en Conxo e 61 en Fontiñas.
Por outra parte, a Concellería de Educación informa tamén de que está aberto o prazo de reserva de praza, preinscrición e matrícula nas escolas infantís de San Roque, Tras Parlamento e Tambre, co-xestionadas co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
O prazo para a presentación de solicitudes tanto de reserva de praza como de novo ingreso estará aberto ata o 21 de marzo. As listas provisionais de admitidos e lista de agarda publicaranse o día 2 de maio. Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días naturais e as listas definitivas de admitidos publicaranse o 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 18 de maio ata o 12 de xuño.
Medio Rural
Ademais, a voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, deu conta da aprobación da solicitude ao Ministerio de Fomento-Demarcación de Estradas do Estado de Galicia da conservación e mantemeto das vías de servizo na estrada N-550 A Coruña-Tui, no tramo Santiago-Sigüeiro. Este mantemento de vías de servizo afectaría a un tramo de aproximadamente 8 quilómetros.
Normalización Lingüística
Finalmente, aprobouse a convocatoria da II edición do Club de Debate e das bases que o regulan.
Aprobados os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
28/02/2013 A Xunta de Goberno aprobou os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Ademais, xa está dispoñible toda a documentación e información relativa á reserva, preinscrición e matrícula nas escolas infantís de San Roque, Tras Parlamento e Tambre, co-xestionadas co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
O prazo abrirase do 1 ao 11 de marzo para a solicitude de reserva de praza e traslado dos alumnos e alumnas que xa teñen praza actualmente. As listas de admitidos, traslados e prazas libres en cada nivel, publicaranse o 14 de marzo. Ao día seguinte, 15 de marzo, e ata o 16 de abril, abrirase o prazo de solicitudes de novo ingreso. Entre o 2 e o 10 de maio publicarase a lista provisional de admitidos e de agarda e, tras estudar as oportunas reclamacións, a lista definitiva publicarase entre o 23 e o 31 de maio. Do 3 ao 18 de xuño efectuarase a matrícula.As tres escolas municipais dan cabida a 245 nenos e nenas: 123 en Meixonfrío-Salgueiriños; 61 en Conxo e 61 en Fontiñas.