MEDIO RURAL
Respecto ao Plan de Obras e Servizos (POS 2012) da Deputación da Coruña, lembrou que o investimento total alcanza os 588.000 euros. Xa se executou unha das obras, a da parroquia da Gracia, e o resto iranse executando neste 2013 a medida que melloren as condicións climatolóxicas.
Tamén foi aprobado o POS 2013. Neste caso contémplase un investimento de 587.630 euros en dez obras de acondicionamento de vieiros e de ampliación da rede de saneamento. Ademais, de existir remanentes procedentes das baixas na adxudicación, poderíase acometer unha obra na pista que une Son de Abaixo (A Gracia) con Bargo (A Peregrina), alcanzando deste xeito os 620.000 euros de investimento. Unha parte destas actuacións executarase xa en 2014.
Outro programa da Deputación permitirá realizar cinco actuacións de mellora do firme e de mantemento de pistas, por un importe total de 488.000 euros. Reporase o asfaltado do vieiro entre A Sionlla e a N-550, do comprendido entre Marzo de Arriba e Quintáns e do de Reborido, en Villestro. A estas obras súmase a do acondicionamento dun vieiro en San Marcos e a limpeza de cunetas nuns 100 quilómetros de vías.
O concelleiro apuntou que, aproximadamente, o 80% de todas estas obras poderán executarse ao longo de 2013. Ademais, referiuse á solicitude a Agader de 119.000 euros para o campo da festa de Nemenzo. Lembrou que esta é a única parroquia rural de Compostela que non dispón un espazo habilitado como tal.
Ás iniciativas previstas no rural súmase tamén a creación de parques biosaudables nas 21 parroquias do rural. Trátase de colocar tres máquinas biosaudables no entorno dos centros socioculturais.
Finalmente, lembrou a programación de obras de rebacheo e desbroces, establecida en base ao calendario de festas patronais. Tamén se fixará outro programa para aquelas parroquias onde non haxa festas ou de gran dimensión. Estas actuacións completaranse cunha limpeza xeral que se realizará a finais de ano. Cando as condicións meteorolóxicas melloren e unha vez se dispoña da partida orzamentaria, acometeranse as melloras do asfaltado que quedaran pendentes de 2012 polo mal tempo.
Subvencións veciñais
A preguntas dos periodistas e tras unha información xornalística aparecida hoxe, o concelleiro Francisco Noya comunicou que se procederá a comprobar os expedientes aos que se refiren as facturas publicadas na devandita información.
Aínda así, lembrou que o Goberno de Santiago "non paga facturas, senón que outorga subvencións" en base aos criterios que se enumeran nas bases da convocatoria e que este proceso é supervisado por un membro do Consello de Relacións Veciñais. Ademais, indicou que no expediente non figura ningunha observación.
O Concello programa investimentos no rural de preto de 2 millóns de euros
28/02/2013 O concelleiro Luis Bello deu conta das actuacións previstas neste 2013 nas parroquias rurais de Compostela, que suman un investimento de preto de 2 millóns de euros. Fíxoo nunha rolda de prensa na que lle deu o relevo a Francisco Noya, quen a partir de agora se fará cargo do "día a día" da xestión dos temas relacionados co medio rural e da relación cos seus veciños.
Luis Bello comezou o seu resumo referíndose ao Programa Estratéxico de Infraestruturas do Rural (PEIM), da Consellería do Medio Rural e do Mar, con varias obras en marcha que están a piques de rematar. Este programa, de 104.385 euros, incluía actuacións en vieiros de San Xoán de Fecha, Nemenzo, Figueiras, Villestro, Laraño, O Eixo, Marrozos, Sabugueira, Grixoa, A Peregrina, A Barciela e Busto.Respecto ao Plan de Obras e Servizos (POS 2012) da Deputación da Coruña, lembrou que o investimento total alcanza os 588.000 euros. Xa se executou unha das obras, a da parroquia da Gracia, e o resto iranse executando neste 2013 a medida que melloren as condicións climatolóxicas.