SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local realiza controis no transporte escolar

28/02/2013 En cumprimento da programación das Campañas e Operacións Especiais de vixilancia e control previstas para este ano 2013, a Policía Local está efectuando controis de transporte escolar durante esta semana.

Nestes controis realízanse inspeccións nos vehículos, comprobando autorizacións e documentos, condicións técnicas, elementos de seguridade e cintos e sistemas de retención. Tamén se efectúan controis sobre os condutores, con comprobacións do permiso de condución e probas de alcoholemia.

Noutra orde de cousas, a Policía Local incorporou recentemente un novo equipo de control que permite detectar, mediante un test salivar, a presenza de drogas tóxicas, estupefacientes e substancias psicotrópicas nos condutores. Empregarase de forma habitual en controis rutineiros ou preventivos de alcoholemia.

Compartir: