ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Paul Daniel antes da súa estrea como director da Real Filharmonía
27/02/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, o día antes de que a formación ofreza o primeiro concerto baixo a súa dirección.
Ángel Currás expresoulle a Paul Daniel o seu desexo de que se coñeza mellor a Real Filharmonía en Santiago e Galicia e de que o seu repertorio combine o xa consolidado con novas achegas. Coincidiu co director en apuntar a necesidade de que "a música contribúa a dar optimismo ás persoas en momentos difíciles e que sorprenda". "Temos a mellor orquestra e o mellor director", concluíu o alcalde.