ALCALDÍA
A USC informa a Ángel Currás sobre a marcha do seu programa ponte entre o ensino medio e a universidade
27/02/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación da USC, Francisco R. Durán, e co catedrático director do programa A ponte entre o ensino medio e a USC, Luis Hervella.
Na xuntanza, os representantes da USC informaron ao alcalde sobre a marcha do programa, cuxa función fundamental é a de orientar aos futuros estudante universitario, para que poidan elixir os estudos que máis se adapten as súas preferencias.