CULTURA
A culpa foi dunha irresistible andanada de épica do deserto e fantasías evocadoras chamada Second to none (Subterfuge 2009). En menos de nove meses, tres premios nacionais como Grupo Revelación mais Grupo do Ano Myspace. Unha media de 11 actuacións mensuais en 2010, pateando salas, teatros e festivais, sos ou xunto a Mark Knopfler, Clem Snide ou a xira de Chris Isaak. E en 2011, alternando todo isto coa súa alianza inicial con Los Coronas nun insólito supergrupo para realizar disco e xira baixo o nome de Dos bandas y un destino e a súa posterior encarnación conxunta como grupo revelación de 2012: Corizonas.
O impacto de Arizona Baby por actitude, formato, son e estética pode rastrexarse no inxente panorama de barbudos neohippies que deambulan hoxe polo indie nacional. Por non falar do puñado de novas bandas de compoñente acústico, marcadas polas brisas californianas e as secas raíces redeseñadas polo trío valisoletano.
The truth, the whole truth and nothing but the truth, en formato de EP xeneroso, incorpora 6 temas inéditos e dous bonus tracks. Preciosas cancións baixo o seu agreste selo de marca, pero que inciden no seu lado mais lírico e folk-psicodélico. Cancións que algún dos seus seguidores poden gozar xa en directo e outras rigorosamente virxes. O novo EP vén exercer como elo perdido. Algo así como o fin do ciclo Second to none e a ponte natural cara a novos territorios. Os que marcará sen dúbida o próximo traballo de Arizona Baby en 2013.
a Jigsaw
Destacados pola revista francesa Les Inrockuptibles como a banda a seguir en 2012 e considerados pola revista holandesa Heaven Magazine como un dos proxectos Indie Folk Americana máis interesantes e orixinais do continente europeo, a banda portuguesa a Jigsaw, está composta por tres multi instrumentistas: João Rui, Susana Ribeiro e Jorri.
En 2007, para o álbum conceptual de debut Letters from the boatman, a Jigsaw reuniu a algúns dos nomes máis importantes do panorama musical portugués. Este álbum, que se mantivo no top das radios nacionais durante meses, foi considerado como un dos mellores do ano. A consecuencia deste recoñecemento, a Jigsaw converteuse nunha das maiores revelacións de 2007 tanto polos seus directos como polo seu son.
No segundo álbum decidiron empezar a tocar eles mesmos varios instrumentos e compartir co público un traballo máis rico e complexo. Like the wolf é un retorno ao formato de álbum conceptual; foi descrito como irresistible, obrigatorio, aditivo e como un dos mellores álbums do ano. O dueto "Return to me", entre Becky Le Walters e Joao Rui, recibiu unha mención de honra (na categoría "Americana") no prestixioso International Songwriting Competition 2009, que contou entre o xurado con Tom Waits e Robert Smith.
Arizona Baby presenta o seu novo disco, "The truth, world truth and nothing but the truth" no ciclo Compostela Rock
28/02/2013 Arizona Baby estará en Compostela para presentar o seu último traballo, The truth, the whole truth and nothing but the truth, que presentaron en outubro. Será o venres 1 de marzo, ás 21:00 horas, dentro do Compostela Rock, nun concerto no que estarán acompañados pola banda portuguesa a Jigsaw. As entradas (12 € máis gastos, anticipada e 15 € na billeteira) poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en salacapitol.com ou na Reixa Tenda.
Arizona Baby seguen facendo historia. Tras convulsionar a música española co seu innovador formato acústico e austeridade básica, volven cun sonoro EP de temas novos, The truth, the whole truth and nothing but the truth, e unhas exclusivas (e limitadas) presentacións do mesmo mentres proseguen a súa aventura en Corizonas e preparan o seu terceiro álbum oficial para 2013.A culpa foi dunha irresistible andanada de épica do deserto e fantasías evocadoras chamada Second to none (Subterfuge 2009). En menos de nove meses, tres premios nacionais como Grupo Revelación mais Grupo do Ano Myspace. Unha media de 11 actuacións mensuais en 2010, pateando salas, teatros e festivais, sos ou xunto a Mark Knopfler, Clem Snide ou a xira de Chris Isaak. E en 2011, alternando todo isto coa súa alianza inicial con Los Coronas nun insólito supergrupo para realizar disco e xira baixo o nome de Dos bandas y un destino e a súa posterior encarnación conxunta como grupo revelación de 2012: Corizonas.