FESTAS
O programa deste ano quere combinar tradición e modernidade co fin de que os máis novos coñezan a cultura do baile galego. Ás seis da tarde comezará o percorrido polas rúas da cidade e todos os rapaces bailarán ao mesmo tempo. Ao final do percorrido actuará un grupo infantil, "Mamá cabra", para que os máis novos, unha vez rematada a súa actuación, poidan rir e divertirse. O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, quixo destacar que "o folclore segue vivo en Galicia coa formación destes novos grupos". Agárdase que a celebración deste Día da Muiñeira sexa todo un éxito.
Outra das actividades que se celebrará mañá é a VIII Festa para os nosos Maiores, onde poderán pasar unha xornada agradable con boa música e comida. A cita terá lugar no recinto feiral de Amio ás 13:00 horas.
Os concertos seguen congregando a miles de persoas
Se o concerto de Kiko Veneno e Muchachito Bombo Infierno foi todo un éxito, nada ten que envexar o celebrado onte polos vallisoletanos Celtas Cortos. Unhas oito mil persoas congregáronse no campus sur para dar a benvida ao vocalista do grupo e vibrar cos seus sons. Respecto ao traslado dos concertos ao Campus, Xosé Baqueiro sinalou que resultou un acerto xa que "levar a tanta xente ao casco histórico non sería posible e ademais, o escenario e a acústica resultaron mellores na actual ubicación".
Os mozos están á altura das festas amosando un gran civismo
Xosé Baqueiro quiso destacar o gran civismo co que están actuando os máis novos, xa que "despois dunha concentración tan elevada de persoas nos concertos non hai que lamentar destrozos importantes no mobiliario da cidade". Baqueiro expresou a súa ledicia por este feito e sinalou que o importante é gozar das festas.
Por outra banda, a asistencia aos concertos das orquestras duplicouse con respecto as expectativas iniciais, xa que a orquestra París conseguiu aglutinar o pasado mércores a 4.000 persoas, aproximadamente.
En canto á cercanía dos concertos co Sanatorio da Esperanza, o concelleiro de Festas sinalou que as árbores protexen do ruído e que os carruseles da Alameda, pola súa ubicación máis elevada, poden facer máis ruído que os propios concertos.
Música hiphopeira e tradicional para a xornada desta noite
Os hiphopeiros Frank T e Ariadna Puello amosarán as súas letras reivindicativas e pegadizas no campus Sur. Estes dous artistas son dous dos máis importantes referentes deste estilo de música en España. A xornada complétase coa actuación do grupo coruñés Ca lúa, que actuará na praza do Toural cun repertorio das súas cancións populares.
O Día da Muiñeira congregará a 35 grupos folclóricos e cincocentos rapaces
26/05/2006 Oito mil persoas vibraron onte coa música de Celtas Cortos e hoxe é o turno para os máis hiphoperos con Frank T e Ariadna Puello
O folclore galego inundará mañá as rúas da cidade compostelán cun espectáculo de bailes e cantigas onde os nenos serán os verdadeiros protagonistas da velada. Cincocentos rapaces pertencentes a 35 grupos folclóricos de Santiago e dos arredores bailarán aos sons das músicas tradicionais e amosarán o folclore galego que celebra este ano o seu vixésimo quinto aniversario. O día da Muiñeira é xa todo un clásico das festas de Santiago xa que se celebra desde hai vinte e tres anos, co fin de fomentar o baile tradicional a través de organizacións e agrupacións folclóricas. Ademais, Santiago é a cidade de Galicia que conta con máis grupos de baile tradicional. A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos ofrecerá unha imaxe actual e renovada do folclore galego.O programa deste ano quere combinar tradición e modernidade co fin de que os máis novos coñezan a cultura do baile galego. Ás seis da tarde comezará o percorrido polas rúas da cidade e todos os rapaces bailarán ao mesmo tempo. Ao final do percorrido actuará un grupo infantil, "Mamá cabra", para que os máis novos, unha vez rematada a súa actuación, poidan rir e divertirse. O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, quixo destacar que "o folclore segue vivo en Galicia coa formación destes novos grupos". Agárdase que a celebración deste Día da Muiñeira sexa todo un éxito.