EDUCACIÓN

Comeza a V Campaña de Animación á Lectura

30/03/2005 Baixo o lema de "Palabras no bosque", a nova campaña de Animación á Lectura alberga diferentes propostas dirixidas ao profesorado, aos nenos e aos pais.

Por quinto ano consecutivo, ponse en marcha a campaña de Animación á Lectura, promovida polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos.

A campaña da comezo o mércores 30 de marzo cunha sesión formativa e de presentación para o profesorado, "Animar a ler é cousa de todos", que terá lugar ás 18 horas na Galería Sargadelos, onde se facilitará o material didáctico da campaña para este curso escolar.

Nos vindeiros días, a Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16), acollerá diversos talleres de ilustración, charlas, sesións didácticas, encontros con escritores e ilustradores, entre os que estarán Xosé Ballesteros e Kiko da Silva, e unha exposición de ilustracións orixinais dos libros da editorial Kalandraka.

O ano pasado, uns 4.500 nenos de Santiago e dos concellos limítrofes participaron nesta campaña.

Compartir: