PLENO
O cambio permite efectuar unha gradación dos distintos niveis ou graos de desordenación, de xeito que o réxime mais restritivo unicamente se aplique ás construcións destinadas a desaparecer en execución directa das determinacións do Plan Xeral, permitíndose para os outros supostos de desconformidade un maior grado de tolerancia en canto ás actuacións permitidas. Para os ámbitos pendentes de ordenación pormenorizada, artellarase unha situación transitoria, xa que, mentres non se aprobe o plan de desenvolvemento (plan parcial ou plan especial) non é posible avaliar a compatibilidade ou desconformidade da edificación existente, explicou a edil.
Os réximes serán os seguintes: estrito, diferido ou transitorio e desconforme. María Pardo indicou que xa se están producindo chamadas dende outros concellos, interesados nesta gradación dos niveis de desordenación.
Tamén se modificará o artigo 109 para solventar as dúbidas de interpretación xeradas pola actual redacción, no senso de eximir aos locais xa existentes no momento da aprobación do Plan Xeral de 1989 do cumprimento dos requisitos de altura esixidos polo vixente PXOM para os locais de nova creación, sempre que se adapten ás condicións e requirimentos mínimos esixidos pola normativa sectorial de aplicación.
Coa nova redacción, fíxase a altura mínima dos locais comerciais en 3 metros con carácter xeral, de 3,50 metros nos establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie de máis de 1.000 metros cadrados e de 4 metros nos de superficie superior a 3.000 metros cadrados construídos. Pero indícase que "os locais construídos con anterioridade á entrada en vigor do Plan Xeral de 1989 poderán destinarse a uso comercial aínda cando non reúnan os requisitos de altura establecidos polo presente artigo, sempre que se adapten as condicións esixidas pola regulamentación sobre seguridade e saúde no traballo, policía de espectáculos, actividades recreativas e demais normativa de aplicación".
Este punto foi aprobado cos votos favorables do grupo de Goberno e o pronunciamento negativo do PSdeG-PSOE.
Casas de Ramírez
No Pleno tamén se aprobou, cos votos favorables de PP e PSdeG-PSOE, a modificación puntual do Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural no ámbito coñecido como Casas de Ramírez. O cambio afecta a dous ámbitos fundamentais: os usos e a regulación da instalación de ascensores. A filosofía do cambio é permitir cambios no contido (usos) sen alterar o continente (patrimonio construído)". Trátase de liberalizar os usos sen alterar a protección das vivendas individualmente consideradas e do seu ámbito.
Volvendo ao PXOM, aprobouse inicialmente, cos votos do grupo de Goberno e co voto negativo do grupo socialista, a modificación do seu catálogo e do Plan especial de patrimonio construído no ámbito correspondente aos números 108, 110 e 112 da Avenida de Rosalía de Castro. Indicou a concelleira que o obxecto deste cambio é facilitar, sen alterar nin alturas nin volumes, a rehabilitación duns inmobles en estado ruinoso. Un deles xa está rehabilitado e xa acolle hoxe un establecemento comercial. Os outros dous terán que someterse ao correspondente procedemento de solicitude de licenza.
O Pleno tamén aprobou definitivamente o estudo de detalle no ámbito do quinteiro K do parque empresarial da Sionlla (parcelas K4c01a-K4c01b). Nestas parcelas instalarase unha firma comercial de materiais da construción, cun edificio de 21.457 metros cadrados. O estudo pretende ordenar volumes e axustar rasantes nas parcelas, permitindo aos interesados solicitar a correspondente licenza de edificación. A medida recibiu o voto favorable tanto do grupo popular como do socialista.
Outro dos asuntos urbanísticos foi a toma en coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM para a ampliación do cemiterio de San Xián de Carballal. A ampliación efectuarase sobre unha porción de terreo contigua de 400 metros cadrados, cualificada como zona libre pública.
Pacto dos Alcaldes e adhesión á RECI
Na orde do día tamén figuraba a adhesión do Concello de Santiago ao chamado Pacto dos Alcaldes, unha iniciativa da Comisión Europea co fin de apoiar o esforzo das autoridades locais na aplicación de políticas de enerxías sustentables. A sinatura deste Pacto supón o compromiso de elaborar un Inventario de Emisións de Referencia, isto é, un cálculo da cantidade de CO2 emitida como resultado do consumo de enerxía no municipio durante un ano tomado como referencia. O asinante deberá redactar tamén un Plan de Acción para a Enerxía Sustentable, que definirá as medidas a adoptar o Concello para cumprir co seu obxectivo de redución de CO2 antes do ano 2020.
Santiago tamén pretende adherirse á Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), da que xa forman parte 29 cidades españolas. A inclusión nesta Rede supón asumir unha planificación da cidade baseada na xestión intelixente e a sustentabilidade co emprego das novas tecnoloxías. O seu obxectivo é intercambiar experiencias e traballar conxuntamente para desenvolver un modelo de xestión sustentable e mellorar a calidade de vida dos cidadáns, incidindo en aspectos como o aforro enerxético, a mobilidade sustentable, a Administración electrónica, a atención ás persoas ou a seguridade.
Os contidos destes pactos e redes serán materias nas que traballará a Comisión Municipal de Sustentabilidade e Sociedade da Información, cuxa creación foi aprobada recentemente en Xunta de Goberno.
Ambas adhesións foron aprobadas polos dous grupos presentes no Pleno, PP e PSdeG-PSOE.
Orzamentos e persoal
A Corporación tamén aprobou inicialmente a modificación do cadro de persoal para o ano 2012, como consecuencia da integración do persoal de EMUVISSA no Concello. Finalmente, tomou coñecemento do decreto de prórroga do orzamento do ano 2012 para o 2013.
O Pleno aprobou a modificación puntual do PXOM que permitirá graduar as obras permitidas nos inmobles fóra de ordenación
31/01/2013 O Pleno da Corporación abordou na súa sesión ordinaria de xaneiro varios asuntos en materia urbanística, entre os que salientou a aprobación inicial da modificación puntual da normativa urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aplicable ás situacións fóra de ordenación e o visto bo definitivo ao cambio do Plan especial de protección do patrimonio construído no ámbito coñecido como as Casas de Ramírez. A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informara previamente en rolda de prensa destes puntos da orde do día.
A modificación puntual da normativa do PXOM refírese ás situacións fóra de ordenación, isto é, aquelas nas que existe unha situación sobrevida de incompatibilidade ou desconformidade das edificacións e instalacións preexistentes coas determinacións resultantes do novo planeamento urbanístico, o que implica, dende o punto de vista legal, a aplicación dun réxime transitorio restritivo en canto ás obras e actuacións a realizar nesta clase de bens. O actual PXOM regulaba só as situacións totais e parciais de fóra de ordenación, o que na práctica se traducía en que en todos estes inmobles non se permitiran máis que obras de conservación.O cambio permite efectuar unha gradación dos distintos niveis ou graos de desordenación, de xeito que o réxime mais restritivo unicamente se aplique ás construcións destinadas a desaparecer en execución directa das determinacións do Plan Xeral, permitíndose para os outros supostos de desconformidade un maior grado de tolerancia en canto ás actuacións permitidas. Para os ámbitos pendentes de ordenación pormenorizada, artellarase unha situación transitoria, xa que, mentres non se aprobe o plan de desenvolvemento (plan parcial ou plan especial) non é posible avaliar a compatibilidade ou desconformidade da edificación existente, explicou a edil.