FESTAS
A inscrición para o desfile-concurso formalizarase na Concellaría de Festas (Teatro Principal - rúa Nova, 21) ata as 14:00 horas do luns 11 de febreiro. Pode obterse máis información no teléfono 981 542 347 ou no fax 981 542 348, ademais de no propio Teatro Principal.
Haberá varias categorías de participación: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual. Os elixidos como gañadores polo xurado repartiranse 12.200 euros en premios. Nas categorías de carrozas e comparsas, os primeiros clasificados levarán 2.000 euros, polos 400 que levará o mellor grupo, os 300 da mellor parella o os 200 do mellor disfrace individual. Ademais, haberá premios especiais para as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios do municipio.
Aberto o prazo de inscrición no desfile-concurso do martes de Entroido
31/01/2013 Xa está aberto o prazo para inscribirse e participar no desfile-concurso do Entroido 2013, que terá lugar o martes 12 de febreiro. Repartiranse 12.200 euros en premios.
O tradicional desfile do martes de Entroido está aberto a todas as asociacións, barrios, comunidades, colexios e persoas que o desexen. Comezará ás 17:30 horas na Estación do Ferrocarril, seguindo o seguinte itinerario: Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Unha vez rematado o desfile as carrozas aparcarán na avenida de Coruña e as comparsas participantes irán ao paseo central da Alameda.A inscrición para o desfile-concurso formalizarase na Concellaría de Festas (Teatro Principal - rúa Nova, 21) ata as 14:00 horas do luns 11 de febreiro. Pode obterse máis información no teléfono 981 542 347 ou no fax 981 542 348, ademais de no propio Teatro Principal.