COMERCIO
Para tramitar a súa reserva, as entidades interesadas deberán poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico reservas@invernalia.com ou do número de teléfono 699 811 705.
Segunda xornada de portas abertas na pista de xeo da Alameda para entidades santiaguesas sen ánimo de lucro
30/01/2013 O xoves 31 de xaneiro celebraranse a segunda xornada de portas abertas na pista de xeo da Alameda. Nesta ocasión está destinada a entidades sen ánimo de lucro con sede en Santiago de Compostela.
Coa colaboración do Concello de Santiago, todas as entidades sen ánimo de lucro que teñan a súa sede en Santiago e que traballen para público infantil, xuvenil ou adulto, con falta de recursos ou discapacitados, poderán acceder á pista de xeo de maneira totalmente gratuíta. Esta xornada de portas abertas terá un horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.Para tramitar a súa reserva, as entidades interesadas deberán poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico reservas@invernalia.com ou do número de teléfono 699 811 705.