URBANISMO
Para a materialización deste proxecto global de cidade intelixente considerouse preciso crear unha estrutura permanente multidisciplinar e transversal, na que participan os diferentes departamentos con competencia na materia. Así, a Comisión estará presidida polo alcalde ou persoa na que delegue e polos concelleiros, actuando como secretario o director da Área de Urbanismo e Infraestrutura.
Tamén se creou unha Oficina Técnica de Proxectos, integrada polos responsables das areas implicadas, cunha composición mixta de políticos técnicos que variará en función da material a abordar. Entre as súas funcións estará velar porque os proxectos municipais se ateñan a criterios de sustentabilidade e ás directivas europeas na materia, intercambiar información con outras cidades ou mesmo buscar financiamento.
Finalmente, poranse en marcha diferentes grupos de traballo cunha composición exclusivamente técnica. Un deses grupos, en materia de recollida do lixo, xa está en marcha, coa vista posta no novo contrato que rexerá este servizo unha vez remate o actual. Lembrou o concelleiro desta áreas, Juan de la Fuente, que este contrato supón un custo de case 11 millóns de euros ao ano para as arcas municipais.
Os técnicos están a traballar para que ese próximo contrato conteña uns indicadores en función dos cales medir o cumprimento do servizo, coas penalizacións correspondentes para o caso de que non se cumpran. Este modelo de xestión por indicadores estenderase a outros contratos.
Redución de emisións contaminantes
Seguindo coa sustentabilidade, no Pleno ordinario deste xoves 31 someterase á votación da Corporación a adhesión do Concello de Santiago ao chamado Pacto dos Alcaldes, unha iniciativa da Comisión Europea co fin de apoiar o esforzo das autoridades locais na aplicación de políticas de enerxías sustentables.
A sinatura deste Pacto supón o compromiso de elaborar un Inventario de Emisións de Referencia, isto é, un cálculo da cantidade de CO2 emitida como resultado do consumo de enerxía no municipio durante un ano tomado como referencia. O asinante deberá redactar tamén un Plan de Acción para a Enerxía Sustentable, que definirá as medidas a adoptar o Concello para cumprir co seu obxectivo de redución de CO2 antes do ano 2020.
Aforro enerxético
Na mesma liña de eficiencia, neste caso enerxética, María Pardo referiuse á directiva europea nesa materia de xuño de 2011, que fixa como obxectivo para as administracións un aforro do 20% do consumo enerxético para 2016. O Concello quere avanzar nesa dirección e porá en marcha ferramentas que permitan ponderar os niveis de sustentabilidade das construcións e reducir efectivamente o consumo enerxético.
Así, un dos obxectivos é que todos os novos edificios públicos que se constrúan a partir de agora poidan contar co selo BREEAM (Building Research Establishment Environmental Assessment Methodology). Esta distinción pondera os niveis de sustentabilidade dunha edificación, tanto na fase de deseño como en fases de execución e mantemento. O selo xestiónao en España o Instituto Tecnolóxico de Galicia, co cal se asinará un convenio.
O Concello avanza en prol dunha xestión máis eficiente e sustentable
30/01/2013 A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta das últimas actuacións postas en marcha polo Goberno municipal para avanzar na consecución dunha xestión máis eficiente e sustentable. Nesa liña está a creación dunha Comisión de Sustentabilidade, os traballos para fixar indicadores cos que medir a execución dos contratos municipais ou a aposta por edificios públicos que conten con selo BREEAM.
María Pardo lembrou a recente creación da Comisión Municipal de Sustentabilidade e Sociedade da Información, enmarcada no obxectivo de que Santiago sexa unha Smart City, iniciando unha planificación da cidade baseada na xestión intelixente e a sustentabilidade co emprego das novas tecnoloxías. Con este fin, no Pleno ordinario deste xoves 31 debaterase a adhesión do Concello de Santiago á Rede de Cidades Intelixentes (RECI).Para a materialización deste proxecto global de cidade intelixente considerouse preciso crear unha estrutura permanente multidisciplinar e transversal, na que participan os diferentes departamentos con competencia na materia. Así, a Comisión estará presidida polo alcalde ou persoa na que delegue e polos concelleiros, actuando como secretario o director da Área de Urbanismo e Infraestrutura.