ALCALDÍA
Pilar Rojo demandou a vixencia da tradición xacobea, que se amosa "útil, incluso necesaria e imprescindible para afrontar as circunstancias adversas que atravesamos: a crise e o
paro afecta á nosa sociedade co seu rostro hostil e as súas negativas consecuencias.". Neste sentido, pediu ao Apóstolo que "ilumine o proceso de toma de decisións e augure unha pronta revitalización". "A constancia, a fe, a esperanza. Inundados por elas podemos imbuirnos de ánimo e entusiasmo en medio das tribulacións que nos aflixen. Desta forma avanzaremos na recuperación da seguridade e da confianza", engadiu.
Finalmente, a delegada rexia pregoulle a Santiago Apóstolo axuda para os máis necesitados, e tamén, de novo, para os responsables públicos, para que "adopten as mellores solucións para superar os problemas do presente".
Homilía
Na súa homilía de resposta, o arcebispo compostelán, Julián Barrio, quixo "reflexionar sobre compromiso cristián e interpretar dende a fé a realidade na que nos atopamos". Tras facer un chamamento á "consecución do ben común", lembrou as palabras da delegada rexia e demandou do Apóstolo o seu patrocinio a propósito "das intencións da Familia Real, dos nosos gobernantes, das persoas e familias que están a padecer as consecuencias da crise económica e de todos os que formamos os pobos de España, en especial Galicia".
Antes da cerimonia relixiosa, a delegada rexia realizou o pase de revista ás tropas. Neste acto participou a Brigada de Infantería Lixeira (BRILAT) "Galicia" VII. A representación das Forzas Armadas estivo encabezada polo xefe da Forza Loxística Operativa (FLO), Francisco Javier Abajo Merino. A Forza integrábana a Escuadra de Gastadores do Rexemento de Infantería Lixeira "Isabel la Católica" nº 29, a Banda de Guerra da BRILAT, Música da FLO e unha compañía de honores do devandito Rexemento.
Logo da misa, as autoridades dirixíronse ao pazo de Raxoi, onde a delegada rexia presidiu unha recepción con motivo desta celebración e asinou no Libro de Honra. Nestes actos da Ofrenda de Traslación participaron tamén, entre outros, o alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; membros da Corporación municipal e conselleiros do Goberno galego, ademais doutras autoridades civís e militares.
Unha tradición de séculos
A cerimonia da Traslación celébrase anualmente o 30 de decembro en recordo do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón). Segundo a tradición, a Raíña Lupa, soberana das terras, enviou tropas en persecución da comitiva apostólica, que foi salvada por un milagre que afogou aos perseguidores nas augas do río Tambre.
A Raíña Lupa quedou tan abraiada por este feito que ofreceu a súa axuda aos discípulos para que puideran soterrar os restos do Apóstolo, que son trasladados nun carro tirado por bois que ao azar buscan o lugar para o repouso do fillo de Zebedeo. Tras deterse (sempre segundo a lenda) na fonte da actual rúa do Franco, os bois continúan o seu camiño ata quedar inmóbiles no lugar que dende aquela se denomina Libredón (Liberum domum, regalo libre), onde é soterrado e pasa ao esquecemento o Apóstolo ata o seu posterior descubrimento no ano 813 por un eremita.
O rei Alfonso VI realizou no ano 1109 a primeira ofrenda da Traslación, entregando unha ducia de talentos de ouro e outra de marcos de prata. En 1642, baixo o reinado de Felipe IV esta cerimonia institucionalízase con carácter definitivo. Dende entón actúa como oferente o Rei ou un delegado rexio.
Pilar Rojo pídelle axuda ao Apóstolo Santiago para que os responsables públicos "adopten as mellores solucións" ante a crise
30/12/2012 A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo. Nesta ocasión, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, oficiou como delegada rexia e pediulle ao Apóstolo axuda para os máis necesitados e tamén para que os responsables públicos tomen as mellores decisións nestes momentos de crise económica.
A presidenta do Parlamento comezou a súa intervención cunha lembranza da longa tradición xacobea, que "simboliza a construción das bases do noso presente". Así, indicou que "España e Galicia están en débeda co Apóstolo por establecer nelas un itinerario espiritual que as enriquece en valores e cultura", un Camiño convertido en "fenómeno colectivo" sobre o que se asenta Europa.Pilar Rojo demandou a vixencia da tradición xacobea, que se amosa "útil, incluso necesaria e imprescindible para afrontar as circunstancias adversas que atravesamos: a crise e o