DEPORTES
Durante os tres días do Campus, as ximnastas puideron disfrutar dos talleres de deseño de maillots e das clases de ballet e acrobacias, entre outras actividades.
Trinta e seis ximnastas participaron no I Campus de Nadal "Rítmica Compostela"
29/12/2012 Cunha xornada de portas abertas e con tres coreografías realizadas polas participantes, clausurouse o primeiro Campus de Nadal organizado polo C. D. Ximnasia Rítmica Compostela, celebrado no Pavillón do Restollal.
O Campus contou coa participación de 36 ximnastas, tanto de nivel de iniciación como de competición, así como de tres adestradoras de nivel nacional. En especial, espertou grande entusiasmo entre as nenas a visita dunha ximnasta de nivel federado e doutra ximnasta estética.Durante os tres días do Campus, as ximnastas puideron disfrutar dos talleres de deseño de maillots e das clases de ballet e acrobacias, entre outras actividades.