CULTURA
A primeira obra que se interpretará será Arieñium, de José Ignacio Blesa Lull, primeiro premio da terceira categoría. Nesta obra destaca a utilización das primeiras notas da famosa melodía da Muñeira de Lugo, que se utiliza como material fundamental de toda a composición.
A segunda obra que se tocará será a gañadora da segunda categoría do certame, Camiños da luz, de Santiago Fontes Mondragón. Unha viaxe melódica dende Jaffa (Xerusalén) ata Galicia, nunha partitura que recrea o Camiño de Santiago.
A terceira e última obra que se interpretará na primeira parte do concerto será Insomnio, de Juan Manuel Eiras Tojo, gañadora do primeiro premio da primeira categoría (sección sinfónica) e que achega unha ollada crítica sobre os tempos que vivimos.
Estas tres obras interpretadas serán as obrigadas no VII Certame Galego de Bandas de Música.
Na segunda parte do concerto interpretaranse as obras Orient et Occident, de Camile Saint Säens; Machu Pichu, de Satoshi Yagisawa; e Turandot (sección da ópera), de Giacomo Puccini.
A Banda
No ano 2000, a Federación Galega de Bandas de Música Populares concibiu e promoveu a creación dunha gran agrupación bandística que representase artisticamente á entidade. A Banda Sinfónica da Federación Galega está formada por músicos pertencentes ás numerosas bandas existentes en Galicia.
A idade media dos seus compoñentes é inferior aos 22 anos e cuns denominadores comúns: o amor pola música, a ilusión e o altruísmo. Un dos obxectivos fundamentais da creación da Banda Sinfónica da Federación é representar tanto á Federación como a Galicia no ámbito musical bandístico e contribuír á divulgación e promoción da música galega.
Estrea das obras gañadoras do V Concurso Galego de Composición para Banda de Música
28/12/2012 O sábado 29 de decembro do 2012, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares estreará as obras premiadas no V Concurso de Composición para Banda de Música. O concerto celebrarase ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
O programa estará dividido en dúas partes. Na primeira delas interpretaranse as obras gañadoras en cada unha das categorías do V Concurso Galego de Composición. Na segunda parte do concerto, a Banda tocará obras de Saint Säens, Yagisawa e Puccini.A primeira obra que se interpretará será Arieñium, de José Ignacio Blesa Lull, primeiro premio da terceira categoría. Nesta obra destaca a utilización das primeiras notas da famosa melodía da Muñeira de Lugo, que se utiliza como material fundamental de toda a composición.