ALCALDÍA

O alcalde escoitou as demandas dos afectados polas participacións preferentes

28/12/2012 Unha representación de composteláns afectados pola emisión de participacións preferentes por parte das antigas caixas galegas foi recibida en Raxoi polo alcalde, Ángel Currás, e polas concelleiras Reyes Leis e Amelia González.

Os afectados demandaronlle ao alcalde o apoio municipal ás súas demandas, no sentido de instar á Xunta e ao Goberno central a que adopten medidas encamiñadas á devolución das cantidades depositadas e a suprimir a quita anunciada.

Compartir: