ALCALDÍA
E logo da misa, as autoridades dirixiranse ao pazo de Raxoi, onde a delegada rexia presidirá unha recepción con motivo desta celebración e asinará no Libro de Honra.
Unha tradición de séculos
A cerimonia da Traslación celébrase anualmente o 30 de decembro en recordo do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón). Segundo a tradición, a Raíña Lupa, soberana das terras, enviou tropas en persecución da comitiva apostólica, que foi salvada por un milagre que afogou aos perseguidores nas augas do río Tambre.
A Raíña Lupa quedou tan abraiada por este feito que ofreceu a súa axuda aos discípulos para que puideran soterrar os restos do Apóstolo, que son trasladados nun carro tirado por bois que ao azar buscan o lugar para o repouso do fillo de Zebedeo. Tras deterse (sempre segundo a lenda) na fonte da actual rúa do Franco, os bois continúan o seu camiño ata quedar inmóbiles no lugar que dende aquela se denomina Libredón (Liberum domum, regalo libre), onde é soterrado e pasa ao esquecemento o Apóstolo ata o seu posterior descubrimento no ano 813 por un eremita.
O rei Alfonso VI realizou no ano 1109 a primeira ofrenda da Traslación, entregando unha ducia de talentos de ouro e outra de marcos de prata. En 1642, baixo o reinado de Felipe IV esta cerimonia institucionalízase con carácter definitivo. Dende entón actúa como oferente o Rei ou un delegado rexio.
A Catedral acolle o domingo a tradicional Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo
28/12/2012 A Catedral de Santiago acolle como cada 30 de decembro a cerimonia da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo. Nesta ocasión, S.M. Don Juan Carlos de Borbón designou como delegada rexia á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo.
A cerimonia relixiosa na que a delegada pronunciará a súa ofrenda comezará en torno ás 11:30 horas. Antes, Pilar Rojo realizará o pase de revista ás tropas. Neste acto participará a Brigada de Infantería Lixeira (BRILAT) "Galicia" VII. A representación das Forzas Armadas estará encabezada polo xefe da Forza Loxística Operativa (FLO), Francisco Javier Abajo Merino. A Forza estará composta pola Escuadra de Gastadores do Rexemento de Infantería Lixeira "Isabel la Católica" nº 29, a Banda de Guerra da BRILAT, Música da FLO e unha compañía de honores do devandito Rexemento.E logo da misa, as autoridades dirixiranse ao pazo de Raxoi, onde a delegada rexia presidirá unha recepción con motivo desta celebración e asinará no Libro de Honra.